Felisindo Álvarez Xesteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felisindo Álvarez Xesteira
Nacemento1899
Lugar de nacementoO Carballiño
Falecemento1989
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiLino Álvarez Álvarez
editar datos en Wikidata ]

Felisindo Álvarez Xesteira, nado no Carballiño en 1899 e finado en 1989, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Lino Álvarez Álvarez. Na ditadura de Primo de Rivera promoveu o periódico Hermandad en 1928 e fundou un círculo republicano no Carballiño. Militante do Partido Radical Socialista, durante a Segunda República foi alcalde do Carballiño (1931-1934) e deputado provincial. En novembro de 1933, aínda sendo alcalde, pasouse ao Partido Republicano Gallego, integrándose posteriormente en Izquierda Republicana, da que foi elixido vocal do Comité Nacional en abril de 1934. Cesado como alcalde en outubro de 1934, foi reposto en febreiro de 1936, permanecendo no cargo ata o 19 de abril, cando dimitiu para ser presidente da Deputación de Ourense ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Durante a Guerra civil foi xuíz de Albocácer (Castellón) e Xuíz Especial instrutor do Tribunal Especial de Garda número 1 de Valencia[1]. Despois da guerra foi detido e estivo en prisión. Saíu en liberdade provisional da Prisión Sanatorio de Porta-Coeli (Valencia) en agosto de 1941.[2] Foi promotor do cine Xesteira de Ourense.

Predecesor:
Maximino Prada Pérez
 
Alcalde do Carballiño
 
1931 - 1934
Sucesor:
Amancio Paradela Moure
Predecesor:
Amancio Paradela Moure
 
Alcalde do Carballiño
 
1936
Sucesor:
Aquilino Sánchez Rodríguez
Predecesor:
José Rodríguez Bouzo
 
Presidente da deputación de Ourense
 
1936
Sucesor:
Manuel Quiroga Macia

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Concello do Carballiño concedeulle a insignia de ouro e fíxolle unha homenaxe o 30 de agosto de 1987.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou no Carballiño con Rosa Valeiras en febreiro de 1927.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de la República
  2. BOE, 15-8-1941, p. 6269.
  3. La Voz de Galicia, 31-8-1987, p. 11.
  4. Vida Gallega, 28-2-1927, p. 37.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]