Carmen López Bello
Carmen López Bello | |
---|---|
Nacemento | 1901 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra |
Irmáns | Amadeo López Bello e Heriberto López Bello |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carmen López Bello, nada en Ourense cara a 1901, foi unha mestra galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. En 1933 foi nomeada mestra interina de Mones (Petín).[1] Despois foi mestra do Coutiño (Parada de Sil). Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, da que era vogal 3ª do Consello directivo provincial en 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.[3] Como resultado do expediente de depuración foi separada definitivamente do servizo e baixa na escala en abril de 1940.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carmen López Bello na páxina web Nomes e Voces.