Amadeo López Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amadeo López Bello
Nacemento13 de decembro de 1903
Lugar de nacementoCarballeda de Avia
Falecemento29 de agosto de 1936
Lugar de falecementoOurille
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
IrmánsHeriberto López Bello e Carmen López Bello
editar datos en Wikidata ]

Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia o 13 de decembro de 1903[1] e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Participación en mitins no rural acompañando a Felisindo Álvarez Xesteira en diferentes intervencións en parroquias do Carballiño. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado con Julio González Álvarez, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero Luis en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.

A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 54. 
  2. "Detención de un comité comunista" ABC, 24/10/1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]