Eloy Romero Luis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEloy Romero Luis
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Vilardevós, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Ourille, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata

Eloy Romero Luis, nado en Vilardevós cara a 1908 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orfo de nai e pai, finados na gripe de 1918. Era o maior dos catro irmáns que foron acollidos polo seu parente Eloy Luis André. Eloi Romero estudou Farmacia, licenciándose en 1931.[1] Farmacéutico en Leiro, foi presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense dende o 22 de xaneiro de 1935, en substitución de Luis Fábrega Coello. En 1936 foi reelixido, pero renunciou ao cargo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi procesado por excitación á rebelión na causa 217/36 xunto con Agustín Baladrón Carrera, Manuel Fernández Meira e Luis Gómez Giráldez, e xulgados en Ourense o 19 de agosto. Sobresido, foi posto a disposición gobernativa. Foi paseado con Julio González Álvarez, Amadeo López Bello e Silvio Torres Díaz o 29 de agosto e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille). Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1938.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia, 6-12-1931, p. 2.
  2. El Compostelano, 4-8-1938, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]