Heriberto López Bello
Heriberto López Bello | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 10 de maio de 1959 |
Lugar de falecemento | Guadalaxara, México |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
Irmáns | Amadeo López Bello e Carmen López Bello |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Heriberto López Bello, nado en Ourense cara a 1906 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de maio de 1959, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre de Cornoces (Amoeiro) durante cinco anos. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido durante vinte e cinco días. Militante da UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo e condenado á pena de morte en consello de guerra o 23 de abril de 1937. Foille conmutada a pena e cambiado en Luarca o 4 de outubro de 1938.[1] Na zona leal foi Miliciano da Cultura e serviu na Artillería de Costa da Comandancia de Barcelona, onde ingresou no PSOE. Coa derrota da República pasou a Francia por Port Bou o 10 de febreiro de 1939 e foi internado nos campos de concentración de Saint Cyprien e Barcarès ata que o 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México arribando a Veracruz o 13 de xuño. Pertenceu ao sector negrinista do PSOE en México. Finou en México en 1959.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Colima con Laura Arreola Chávez en 1947.