Saltar ao contido

Alxén, Salvaterra de Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de xaneiro de 2012 ás 00:41 por ZéroBot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: es:Alxén, Salvaterra de Miño)
Alxén
Igrexa parroquial.
ConcelloSalvaterra de Miño
Coordenadas42°06′31″N 8°31′45″O / 42.108738, -8.529242Coordenadas: 42°06′31″N 8°31′45″O / 42.108738, -8.529242
Área- km²
Poboación(Ano 2004) 709 hab.
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km²
Entidades de poboación19
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Salvaterra de Miño poboación {{{ano}}}]]

San Paio de Alxén é unha das parroquias de maior tamaño do concello de Salvaterra de Miño. Localízase na parte norte do concello, a medio camiño entre Salvaterra e Salceda de Caselas. Alxén encóntrase a 20 minutos do centro de Vigo, a 15 minutos do aeroporto de Peinador, e a 3 minutos do porto seco de Oleiros.

Situación

Debido a está situación estratéxica estas terras son atractivas para usos residenciais. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 709 habitantes (357 mulleres e 352 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 753 habitantes.

A parroquia de Alxén está atravesada polo río Tea, o principal afluente do Miño no seu curso baixo. Na zona denominada O Cordeiro hai una praia fluvial que conta con zonas de sombra con mesas e asadeiros. Tamén en O Cordeiro emprázase o campo de slálom de piragüismo do concello de Salvaterra.

Outros paraxes de importancia poden ser os penedos das Catro Cruces; o penedo da Beiró ou un dos piñeiros de maior tamaño de todo o territorio galego.

Patrimonio histórico-artístico

Arquitectonicamente resaltan a igrexa, de estilo gótico, ou a capela de Santiago Apóstolo situada no barrio do Ceo. No barrio de Grixó encóntrase un fermoso pazo típico galego do século XIX. Na actualidade este pazo e as viñas do seu redor conforman as adegas de viño Lusco do Miño.

Infraestruturas

En canto as infraestruturas culturais e deportivas, Alxén conta con dous colexios de educación primaria, Besada e Carlos Casares.

Hai cun campo de fútbol onde xogan os equipos de Alxén A e Alxén B. Ademais dispón de dúas pistas polideportivas e un pavillón semicuberto que se encontra dentro de recinto do colexio.

Festas

O 26 de xuño é a data da celebración da festa na honra do patrón da Aldea, San Paio. O segundo fin de semana de agosto teñen lugar as festas de máis importancia e duración na honra da Virxe das Dores.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Alxén

Lugares da parroquia de Alxén no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)

A Aldea | O Ceo | O Cotodouro | O Erbedeiro | A Fraga do Rei | A Gándara Chan | Grixó | A Igrexa | Os Muíños | Os Pazos Altos | Os Pazos Baixos | O Pombal | O Porto | Rabadáns | O Souto | A Teixugueira | As Tercias | Toucedo | A Vesada

Parroquias de Salvaterra de Miño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas