Alois Alzheimer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xuño de 1864 Marktbreit |
| Morte | 19 de decembro de 1915 Wrocław |
| Causa da morte | Febre reumática |
| Lugar de sepultura | Cemitério de Frankfurt am Main (pt) |
| Educación | Kronberg Gymnasium Aschaffenburg (en) Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Tubinga Universidade de Würzburg |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Psiquiatría e neuropatologia (pt) |
| Ocupación | psiquiatra, profesor universitario, neurocientífico, neuropathologist (en) |
| Empregador | Universidade de Breslau Universidade de Múnic |
| Membro de | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Obálky knih, |

Alois Alzheimer, nado en Marktbreit (Baviera) o 14 de xuño de 1864 e finado en Breslau o 19 de decembro de 1915, foi un psiquiatra e neurólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alzheimer identificou por vez primeira os síntomas do mal que despois se coñecería como alzhéimer. Observounos nunha paciente que viu en 1901, e publicou en 1906 os descubrimentos que fixo ao examinar post mórtem o seu cerebro.
Alzheimer estudou nas universidades de Tubinga, Berlín e Würzburg, onde se licenciou en Medicina en 1887. Ao ano seguinte estivo cinco meses asistindo a enfermas mentais, antes de ocuparse dunha consulta nun asilo mental de Frankfurt. Alí coñeceu ao neurólogo Franz Nissl (1860-1919). Gran parte do traballo de Alzheimer en patoloxía cerebral baséase no método de Nissl, que consistía nunha tintura de prata das seccións histolóxicas.
Foi cofundador e copublicador da revista Zeitschrift für die gesamte Neurologie und Psychiatrie. Non escribiu ningunha obra en solitario.
En decembro de 1915 Alzheimer enfermou durante unha viaxe en tren a Wrocław. Probablemente afectoulle unha infección de estreptococo que lle provocou febre e insuficiencia renal. Morreu aos 51 anos dun ataque ao corazón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alois Alzheimer |