Almeida Faria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Almeida Faria
Almeida Faria.jpg
Nome completoBenigno José Mira de Almeida Faria
Nacemento6 de maio de 1943
 Montemor-o-Novo
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupaciónescritor, tradutor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Benigno José Mira de Almeida Faría, máis coñecido como Almeida Faría, nado en Montemor-o-Novo o 6 de maio de 1943, é un escritor portugués.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas Facultades de Dereito (interrompida pola súa presenza nas revoltas de estudantes)[2] e de Letras da Universidade de Lisboa, sendo licenciado en Filosofía.[3]

Viviu como escritor residente (1968-1969) nos Estados Unidos (International Writing Program, Iowa City) e en Berlín, onde formou parte do Berliner Künstlerprogramm no cal participaron, entre outros, Witold Gombrowicz, Michel Butor, Michel Foucault, Peter Handke e Mario Vargas Llosa.[4]

Ten colaborado en diversas publicacións colectivas, especialmente en revistas alemás, brasileiras, francesas, holandesas, italianas, suecas e norteamericanas. O seu nome encóntrase na lista de colaboradores da publicación académica Quadrante (1958-1962) publicada pola Asociación Académica da Facultade de Dereito de Lisboa. As súas novelas foron obxecto de varias teses universitarias na Italia, Holanda, Brasil, Francia e Portugal.[1]

Foi profesor de Estética, Teoría da Arte, Psicoloxía da Arte e Teoría da Literatura na Universidade Nova de Lisboa.

Foi o primeiro presidente do PEN Clube Portugués.[5]

De acordo con Álvaro Cardoso Gomes, na obra de Almeida Faria poden ser distinguidas algunhas fases: a primeira é a da novela de estrea, Rumor Branco; a segunda é a da Tetralogia Lusitana e a terceira é a de O conquistador. A súa produción está marcada por narrativas con forte carga simbólica e alegórica. Son visibles a influencia do noveau roman en Rumor Branco e o carácter fragmentario e polifónico que está desenvolvido na Tetralogia Lusitana, serie novelesca significativa sobre Portugal, que vai de antes da Revolução dos Cravos de 1974 até ao 25 de novembro de 1975. O conquistador é unha novela construída sobre a idea do mito sebastianista, nunha revisión donjuanesca da figura de Dom Sebastião.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Con corenta anos

Novela[editar | editar a fonte]

  • Rumor Branco (1962). Lisboa, Portugália. Con prefacio de Vergílio Ferreira (que foi profesor seu no instituto). 5.ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, 2012
  • Tetralogia Lusitana
    • A Paixão (1965). Lisboa, Portugália. 12.ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, prefacio de Óscar Lopes, 2013. Traducida a sete idiomas.
    • Cortes (1978). Lisboa, Don Quixote. 5ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, prefacio de Manuel Gusmão, 2013. Traducida a catro idiomas.
    • Lusitânia (1980). Lisboa, Edicións 70. 7.ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, prefacio de Luís de Sousa Rebelo, 2014. Traducida a sete idiomas.
    • Cavaleiro Andante (1983). Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda. 6.ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, prefacio de Eduardo Lourenço, 2015. Traducida a dúas linguas.
  • O Conquistador (1990). Lisboa, Editorial Caminho. 4.ª ed.: Lisboa, Assírio & Alvim, prefacio de Pedro Eiras, 2017. Traducida a sete idiomas.

Narrativa de Viaxe[editar | editar a fonte]

  • O Murmúrio do Mundo (A Índia Revisitada) (2012). Lisboa, Tinta-da-China. Prefácio de Eduardo Lourenço. 4.ª ed.: ibidem, 2019.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A Reviravolta (1999). Lisboa, Caminho.
  • Voces da Paixão (1998). Lisboa, Caminho.[7]
  • À Hora do Fecho (2000). in Retratos de Eça de Queirós, Porto, Campo das Letras.

Contos

  • Os Passeios do Sonhador Solitário (1982). Lisboa, Contexto Editora. Sobre este conto escribiu o libreto da cantata de Luis Tinoco.[8] Ediciónão con conto e libreto: Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2011. Traducido a sete idiomas.
  • Um Cão chamado Bolotas (1984).
  • Vanitas: 51 Avenue D'Iéna (1996). in Colóquio/Letras, n.º 140/141, Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian, abril 1996. 2.ª ed., aumentada: Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian, prefacio de Eduardo Lourenço, 2007. Traducido a sete idiomas.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Do Poeta-Pintor ao Pintor-Poeta (1988). in Mário Botas, Spleen, Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda. Traducida ao francés.

Traducións[editar | editar a fonte]

Traducións das súas obras[editar | editar a fonte]

  • Os seus libros están traducidos a varias linguas.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1962: Prémio Revelação de Romance da Sociedade Portuguesa de Escritores coa obra Rumor Branco.
  • 1978: Prémio Aquilino Ribeiro da Academia das Ciências de Lisboa coa obra Cortes.
  • 1980: Prémio Dom Dinis da Fundação da Casa de Mateus coa obra Lusitânia.
  • 1983: Prémio Originais de Ficção da Associação Portuguesa de Escritores coa obra Cavaleiro Andante.
  • 2000: Prémio Vergílio Ferreira da Universidade de Évora.[9]
  • 2010: Prémio Universidade de Coimbra.
  • 2012: Prémio Fundação Inês de Castro.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  2. "Almeida Faria - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  3. Fidelizarte. "Almeida Faria". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  4. "Almeida Faria". www.tirodeletra.com.br. Consultado o 2020-05-27. 
  5. "Almeida Faria. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  6. "FARIA, Almeida". dp.uc.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  7. Adaptación ao teatro, en verso libre, de A Paixão. A peza foi estreada, en 1998, en Lisboa no Centro Cultural de Belém.
  8. Portugal, Rádio e Televisão de. ""Os Passeios do Sonhador Solitário" em estreia mundial na Casa da Música". "Os Passeios do Sonhador Solitário" em estreia mundial na Casa da Música (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  9. "Universidade de Évora / Viver a UÉvora / Mérito / Prémio Vergílio Ferreira / Almeida Faria". www.uevora.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  10. "Entrega do Prémio Literário Fundação Inês de Castro 2013". fundacaoinesdecastro.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 2020-05-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[1][editar | editar a fonte]

  • Gomes, Álvaro Cardoso (1993). A voz itinerante. Ensaio sobre o romance português contemporâneo. São Paulo: Editora da Universidade de São Paulo.
  • Jacoto, Lilian. 2005. Da Saga à Andança Solitária: a crise da autoridade na Tetralogia Lusitana de Almeida Faria. São Caetano do Sul: Yêndis.
  • Oliveira, Cristina Robalo Cordeiro. 1980. “A Paixão” de Almeida Faria. Coimbra: Instituto Nacional de Investigação Científica, Centro de Literatura da Universidade de Coimbra.
  • Simoes, Maria de Lourdes Netto. 1998. As Razões do Imaginário. Comunicar em Tempo de Revolução 1960-1990. A Ficção de Almeida Faria. Salvador – Bahia: Fundação Casa de Jorge Amado e Editus/Editora da Universidade Estadual.
  • Teixeia, Eliane de Alcântara. 2007. Almeida Faria e a revisão do mito sebástico. São Paulo: Editora Marco.
  1. "ESTUDOS". Almeida Faria (en portugués). 2018-06-20. Consultado o 2020-05-27.