Jerome Robbins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerome Robbins
Nome de nacementoJerome Rabinowitz
Nacemento11 de outubro de 1918
Lugar de nacementoNova York
Falecemento29 de xullo de 1998
Lugar de falecementoNova York
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Nova York e Weehawken High School
Ocupacióncoreógrafo, bailarín de ballet, mestre de ballet, director teatral, director de cinema, bailarín, produtor de teatro, realizador e artista de teatro
Coñecido porFanfare
PremiosNational Medal of Arts, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Premio Tony á mellor dirección dun musical, Premio Tony á mellor dirección dun musical, Capezio Dance Award, Premio Kennedy, Handel Medallion e Óscar Honorífico
Na rede
http://jeromerobbins.org
IMDB: nm0730385 Allmovie: p108432 TCM: 162620 IBDB: 11149
WikiTree: Rabinowitz-171 Find a Grave: 19481221 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jerome Rabinowitz, nado en Nova York o 11 de outubro de 1918 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1998 foi un director e produtor teatral e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar química na universidade, pero tivo que deixalo tras un ano por motivos económicos. Foi entón cando iniciou os seus estudos de danza.

Tras pasar polo mundo do ballet, creou coreografías para musicais de Broadway, como como On the Town.

En 1961 dirixiu xunto con Robert Wise o filme West Side Story. A pesar de ser despedido antes de rematar a rodaxe, foi acreditado coma codirector, gañando o Óscar ó mellor director. É o único director que gañou este premio coa única película que dirixiu.

Nos anos noventa a súa saúde viuse resentida, morrendo finalmente dun ataque ao corazón. A noite da súa morte as luces dos teatros de Broadway foron apagadas uns momentos coma homenaxe.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vaill, Amanda. "A Biography in Brief". SCRIBNER'S ENCYCLOPEDIA OF AMERICAN LIVES. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]