Alfredo de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo de la Iglesia
Alfredo de la Iglesia.jpg
Nacemento18 de outubro de 1861
 A Coruña
Falecemento17 de maio de 1933
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor
PaiFrancisco María de la Iglesia
IrmánsSantiago de la Iglesia Santos e Álvaro de la Iglesia
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos, nado na Coruña o 18 de outubro de 1861 e finado na mesma cidade o 17 de maio de 1933, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alumnos do instituto de Pontevedra co profesor Alfredo de la Iglesia, 1922.

Fillo de Francisco María de la Iglesia. Cursou o bacharelato no Instituto da Coruña, e obtivo o título de mestre de instrución primaria nese instituto. Exerceu de mestre na escola do seu pai de 1879 a 1886. A partir dese ano foi director dun colexio de Ferrol adscrito ao Instituto da Coruña. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid (1900), en 1917 foi nomeado catedrático de Lingua e literatura castelá no Instituto das Palmas de Gran Canaria e despois pasou ao Instituto de Pontevedra, onde se xubilou en 1931.

Escribiu en 1919 un manual escolar (considerado o primeiro manual escolar sobre literatura galega)[1] titulado Resumen de la Historia de la literatura gallega, que non chegou a publicar.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Compendio de lexicologia francesa acomodado á un programa para examen de primer año, 1905, Ferrol.[3]
  • Gramática de la lengua española, 1917, Ferrol, Imp. y Est. de El Correo Gallego.[3]
  • Resumen de Historia de la Literatura Gallega, inédito.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Gramática de la lengua española, 1ª ed. 
Lista de profesores do instituto de Pontevedra, curso 1928-29. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]