Álvaro de la Iglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Álvaro de la Iglesia
Nacemento1859
 A Coruña
Falecemento1940
 A Habana
NacionalidadeCuba e España
Ocupaciónxornalista
PaiFrancisco María de la Iglesia
IrmánsSantiago de la Iglesia Santos e Alfredo de la Iglesia
editar datos en Wikidata ]

Álvaro de la Iglesia Santos, nado na Coruña en 1859 e finado en La Habana en 1940, foi un escritor e xornalista galego afincado en Cuba. Foi fillo de Francisco María de la Iglesia e sobriño de Antonio María de la Iglesia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marchou a Cuba en 1874, establecéndose en Matanzas e despois na Habana. Despois da guerra da independencia da illa, nacionalizouse cubano e colaborou en varios periódicos. Asinou as súas obras cos pseudónimos Pedro Madruga, Eligio Aldao y Varela, Artemio, A. L. Baró e Vetusto. El 1898 publicou o folleto Cuba para los cunbanos.

Alcanzou unha grande notoriedade grazas ao seus relatos curtos, publicados en periódicos como La Familia Cristiana (1891) (do que foi director), La Región (fundado por el en Matanzas en 1892), La Época, La Discusión, El Mundo, Letras (1899) (dirixida e integramente redactada por el), El Fígaro (onde colaboró entre os anos 1900 e 1913), Chic e El Heraldo de Cuba.

Foi membro da Academia de la Historia de Cuba e membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa produción narrativa con Una vocación (Síntesís de una novela) (1887). A súa novela Adoración (1884) é considerada como a súa obra mestra. Nela combina elementos típicamente modernistas e románticos coa cultura do Caribe. Outras obras son: Pepe Antonio (1903), La alondra (publicada por entregas en Follas Novas), Tradiciones cubanas (1911), Cuadros viejos (1915) e Cosas de antaño (1916), de tipo costumista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]