Alfonso Vázquez Monjardín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1901 A Coruña, España |
Morte | 7 de setembro de 1960 (59 anos) O Carballiño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua galega |
Alfonso Vázquez Monjardín, nado na Coruña o 24 de xullo de 1901 e finado no Carballiño o 7 de setembro de 1960, foi un procurador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Luis Vázquez Quirós e Josefa Monjardín Blanco. Traballou en Ourense como procurador e nunha axencia de viaxes e xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia. No ano 1926 participou na peregrinación a Santiago de Compostela que Xavier Pardo narrou en No camiño de San-Yago. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nos parladoiros do Hotel Roma con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor e outros. Finou en Ourense o 7 de setembro de 1960.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou no Carballiño con Emilia Blanco R. Maneiro en 1932,[2] e foi pai de Xosé Lino (pai este de Afonso Vázquez-Monxardín), María Emilia, Carmelo, Kika e Alfonso Vázquez-Monjardín Blanco.