Xacemento romano de Caldoval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro de Interpretación de Caldoval
Centro de interpretación de Caldoval
CoordenadasCoordenadas: 43°27′29″N 8°15′35″O / 43.458016599124, -8.2597874685515
CidadeMugardos
Na rede
https://www.museocaldoval.gal/
editar datos en Wikidata ]


O xacemento romano de Caldoval é un asentamento de orixe romana situado en Mugardos, a carón da ría de Ferrol. Permaneceu habitado entre os séculos I-II a V-VI, e escavouse e estudouse de 2002 a 2006 antes do seu traslado desde Punta Promontorio, onde se construíu Reganosa.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Descubriuse en 1997. Ten unha superficie duns mil metros cadrados, distribuídos en dúas áreas. Está considerada como unha vila romana estando situada ao carón da vila romana de Noville. Nun primeiro estudo atopouse unha estrutura rectangular, duns trinta metros de longo por seis de ancho. Despois localizouse outra edificación, como parte habitacional. O complexo termal conta cunha palestra e un pórtico, únicos en Galicia, un vestiario, unha sala de auga fría, outra de auga temperá e auga quente. A súa actividade principal sería a pesca.

Os restos foron trasladados e convertidos nun museo de interpretación deseñado por Alfonso Penela.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]