Francisco Dopazo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Dopazo Rodríguez
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Rairo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Rairo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesProtasio Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDolores Villamarín Otero

Francisco Dopazo Rodríguez, coñecido como Protasio, nado en Rairo (Ourense) o 31 de outubro de 1902 e finado na mesma parroquia o 4 de novembro de 1980, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Protasio Dopazo González e Manuela Rodríguez. Carpinteiro cunha forte implicación nos movementos de esquerdas e sindicais. Presidiu o Sindicato da Madeira na Casa del Pueblo de Ourense, foi concelleiro do socialista de Amoeiro (1931-1936) e deputado polo PCE na Deputación de Ourense dende o 21 de marzo de 1936 ata o 20 de xullo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, escondeuse tras unha parede da casa da súa moza Lola. Despois escondeuse en minas e pozos secos. En xullo de 1937 decidiu marchar cara Portugal xunto ao deputado Alfonso Pazos Cid e o xuíz de Amoeiro, contando cuns amigos de Dolores que tiñan aceas en Untes, que os pasaron na súa barca ao outro lado do río, e logo marcharon a pé ata o país veciño. Estiveron durante meses en Portugal, onde foron finalmente detidos polos gardas e enviados a prisión. Grazas a unha carta ao cónsul británico saíron do cárcere ao cabo de 61 días, e foron levados a un barco con destino a Francia. Logo de facer escala en Casablanca, decidiron desembarcar en Barcelona para axudar ao exército leal. Cando caeu Cataluña pasaron a Francia. Francisco foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Coa invasión xermana de Francia converteuse nun fuxido que andou escapado ata que retornou De Gaulle e o país foi liberado. Despois dedicouse a construír presas para producir electricidade durante 11 anos. Finalmente afincouse en Tolosa e estivo case 20 anos traballando nese departamento e no de Alta Garona.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Tolosa con Dolores Villamarín Otero o 5 de outubro de 1967, e regresaron á súa casa de Rairo en 1968.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fundación Luís Tilve, ed. (2014). A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela. pp. 93–94. ISBN 978-84-95773-27-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]