Alfonso Pazos Bande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Pazos Bande
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSerxio Pazos Editar o valor em Wikidata
PaiAlfonso Pazos Cid Editar o valor em Wikidata

Alfonso Pazos Bande, nado en Ourense o 2 de novembro de 1932,[1] é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfonso Pazos Cid. Estudou dereito por libre e fíxose avogado en 1959. Comezou como pasante con Sebastián Martínez-Risco na Coruña, e despois abriu despacho propio en Ourense. Foi detido en xaneiro de 1971 pola súa presunta participación nunha rede de tráfico de armas desde Portugal.[2][3] Nas eleccións xerais de 1977 encabezou a candidatura do Frente Democrático de Izquierdas ao Congreso por Ourense.[4][5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1962 con Teresa de Jesús Huete Rodríguez.[6] É pai de Serxio Pazos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Me gusta el derecho penal porque te permite bucear en el alma humana", entrevista en La Voz de Galicia, Ourense, 6-10-2019, p. 12.
  2. "Dieciséis personas detenidas en La Coruña, Pontevedra y Orense, por tenencia ilícita de armas", La Voz de Galicia, 31-1-1971, p. 4.
  3. Hoja oficial de la provincia de Barcelona, 1-2-1971, p. 11.
  4. El Pueblo Gallego, 1-6-1977, p. 18.
  5. Información de ABC
  6. La Región, 11-9-1962, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]