Alexandr Romankov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandr Romankov
Aleksandr Romankov St Maur 2015 ind t142346.jpg
Nacemento7 de novembro de 1953
Lugar de nacementoKorsakov
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterBelarusian State University of Physical Culture
Ocupaciónesgrimista
PremiosOrde da Amizade dos Pobos, Orde da Insignia de Honra, Medal "For Labour Valour" e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética
Na rede
Olympic.org: aleksandr-romankov Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexandr Romankov (en ruso: Александр Романьков), nado en Korsakov o 7 de novembro de 1953, é un tirador de esgrima belaruso, xa retirado, gañador de cinco medallas olímpicas coa Unión Soviética, considerado un dos mellores esgrimistas do século XX, a súa modalidade é o florete.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Representante do Dinamo de Minsk adestrou toda a súa carreira con Ernst Asiyevsky. A súa primeira participación importante foi en 1970 nos Campionatos Mundiais da Xuventude, onde quedou de 12º. O seu primeiro triunfo foi en 1973 ao vencer nos campionatos nacionais soviéticos o que resultou en ser incluído na selección nacional, e un mes despois gañou o Campionato do Mundo [1], acontecido en Grenoble. Participou, aos 22 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, gañando a medalla de prata na competición individual de florete e o cuarto posto na proba por equipos desa modalidade. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova logrou a medalla de bronce na proba individual e a de prata por equipos. Ausente dos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles polo boicot político realizado polas autoridades soviéticas, nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl revalidou o seu bronce na proba individual e gañou a de ouro por equipos.

Foi campión dezasete veces do seu país na modalidade de florete individual ou por equipos e ao longo da súa carreira gañou vinte e unha medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, doce delas de ouro.

En 1993 graduouse como profesor de educación física. Como mestre de esgrima adestrou ás seleccións nacionais de Australia, Belarús e Corea do Sur e é presidente da Federación de Esgrima de Belarús [2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]