Cast Away

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cast Away
Ficha técnica
Título orixinal Cast Away
Director Robert Zemeckis
Produtor Jack Rapke
Robert Zemeckis
Steve Starkey
Tom Hanks
Guión William Broyles Jr.
Intérpretes Tom Hanks
Helen Hunt
Nick Searcy
Música Alan Silvestri
Fotografía Don Burgess
Montaxe Arthur Schmidt
Estudio ImageMovers
Playtone
Distribuidora 20th Century Fox (Norte América)
DreamWorks (Internacional)
Estrea 7 de decembro de 2000
Duración 143 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama, Aventuras
Orzamento $90 000 000[1]
Recadación $429 632 142

Cast Away (Náufrago), é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Robert Zemeckis. Está protagonizado por Tom Hanks, que intepretar a un empregado de FedEx que loita por sobrevivir nunha illa deserta no medio do enorme Océano Pacífico despois de que o seu avión se estrelase. O filme recolle os seus intentos por sobrevivir na illa facendo uso dos restos do cargamento do avión. Foi un éxito comercial e da crítica, e Hanks foi nomeado Oscar ó mellor actor na 73ª edición dos Premios da Academia pola súa actuación.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

En 1995, Chuck Noland (Tom Hanks) é un hiperactivo executivo que vive inmerso no seu traballo nunha empresa de transporte urxente (Fedex) onde os reloxos son a pauta da súa axitada vida, a súa noiva incondicional apenas pode compartir tempo con el. Toda a súa vida baséase en minutos e cumprimentos de entregas e supervisa o mesmo cada operación de importancia. A súa lema é que o home vive en función do tempo. A pesar da súa axitada vida, Noland ten unha noiva incondicional, Kelly (Helen Hunt), unha estudante universitaria coa que pasa algunhas horas. En Nadal, Noland dálle un agasallo a Kelly (aparentemente un anel de compromisos) e ela regálalle un reloxo de peto coa súa foto no anverso da tapa. Noland ten que ir ás Hawai e volver en 8 días máis e aborda un avión de Fedex.

A súa vida fai un brusco cambio radical cando o avión un MD-11 no que viaxa, métese nunha tormenta non prevista sobre o océano Pacífico e logo dunha despresurización explosiva, cae ao mar sendo el o único que sobrevive. Noland aférrase a unha balsa e déixase conducir polas mareas e empeza a tomar conciencia de que é o único sobrevivente.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O filme non foi rodado de xeito consecutivo. Hanks gañou 50 libras durante a pre-produción para aparentar un repoludo home de idade media. Despois de que gran parte do filme fose rodado of the film was shot, a produción foi interrompida por un ano para que puidese perder o peso de máis e deixar medrar o cabelo e a barba, de xeito que semellase que levaba vivindo varios anos na illa. Durante o hiato dun ano, Zemeckis usou o mesmo persoal para facer outro filme, What Lies Beneath.[2]

Cast Away foi rodado en Monuriki, unha das illas Mamanuca de Fidxi.[3] Está nun subgrupo do arquipélago de Mamanuca, que está sitaudo ó longo da costa de Viti Levu, a meirande illa de Fidxi. A illa converteuse nunha atracción turística despois da estrea do filme. Malia que na historia é identificada por Kelly como unha illa "a 600 millas ó sur das Illas Cook," en realidade non hai terra entre a illa de Mangaia, a máis meridional das illas Cook, e a Antártida. A historia comeza e remata esencialmente no mesmo lugar, preto dun rancho de Texas ó sur da cidade de Canadian.

Os produtores elaboraron unha lista de obxectos aparentemente inútiles que poderían atoparse nos paquetes que atopa Nolan: un vestido de festa, patíns sobre xeo, papeis de divorcio, cintas de vídeo, e outros artigos diversos. Eles trasladaron esta lista a un grupo de expertos para que decidisen de que xeito podería empregar o protagonista estes obxectos para sobrevivir

O orzamento do filme foi de $90 000 000 e tivo unha recadación de $429 632 142, conseguindo só na primeira semana $28 883 406.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. 2,0 2,1 "'Cast Away' Director Defies Categorizing". New York Times. 2000. Consultado o 18 de outubro de 2012. 
  3. Fiji. Korina Miller, Robyn Jones, Leonardo Pinheiro. Lonely Planet. 2003. p. 54. ISBN 1-74059-134-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]