Alessandro Cagliostro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alessandro Cagliostro
Giuseppe Balsamo.jpg
Nacemento2 de xuño de 1743 e 8 de xuño de 1743
 Palermo
Falecemento26 de agosto de 1795
 San Leo
NacionalidadeItalia
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]
Alessandro Cagliostro

Alessandro di Cagliostro, alcume de Giuseppe Balsama, nado o 2 de xuño de 1743 e finado o 26 de agosto de 1795, foi un personaxe que acadou sona no século XVIII. Foi viaxeiro, ocultista e masón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido nunha familia humilde de Palermo. A infancia de Cagliostro non se coñece ben, estudou nun mosteiro e viviu nun mosteiro, escapou de alí e viaxou por Europa e o norte de África, e interesouse pola alquimia. En Roma estableceuse como médico e casou, o conde de Saint-Germain iniciouno na francmasonería en Londres e Cagliostro fundou o rito exipcio da masonería na Haia, viaxou por Rusia, Alemaña e Francia esparexendo o novo rito. Establecido en París en 1722 foi favorito do rei Luís XVI, envolto no caso do colar da raíña, que desacreditou aínda máis á raíña María Antonieta, estivo encerrado na Bastilla durante seis meses e logo expulsado do país. De volta en Roma foi encarcerado pola inquisición e morreu nunha das súas prisións.

Na ficción[editar | editar a fonte]

A súa vida é contada de forma tanxencial no libro Claro de lúa de Puri Ameixide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]