Saltar ao contido

Alen Bokšić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlen Bokšić
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Makarska, Croacia Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Croacia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1987–1991 HNK Hajduk Split 95(27)
1991–1992 Association Sportive de Cannes Football 1(0)
1991–1993 Olympique de Marsella
1993–1996   SS Lazio
1994–1996   SS Lazio
1996–1997 Juventus FC 22(3)
1997–2000   SS Lazio 48(14)
2000–2003 Middlesbrough FC 68(22)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1990–1991   Iugoslavia 0(0)
1993–2002   Croacia 40(10)
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996
1990Mundial de Fútbol Italia 1990 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 155689 UEFA: 4993 Editar o valor en Wikidata

Alen Bokšić ([ˈalɛn ˈbɔkʃitɕ]), nado en Makarska (antiga Iugoslavia) o 21 de xaneiro de 1970, é un ex-futbolista croata.

Bokšić comeza a súa carreira no club Zmaj da súa vila natal. Sendo aínda xuvenil marcha ao Hajduk Split, entrando no primeiro equipo en 1987, cando só contaba con 17 anos. Na súa etapa no Hajduk consegue gaña-la Copa de Iugoslavia de Fútbol en 1987 e 1991. Nun total de 174 encontros anotou 60 goles.

En 1991 fichou polo AS Cannes, na Francia, máis pasou case toda a tempada mancado e só puido disputar un encontro.

Ao ano seguinte vai para o Olympique Marsella, onde triunfa de pleno, gañando o título de liga, a Liga de campións e remata coma máximo anotador da liga francesa con 23 tantos. En 1993 fica no segundo posto nas votacións para o Balón de Ouro, tralo gañador dese ano, Roberto Baggio.

Bokšić pasou os seus seguintes anos na Italia. Estivo na Lazio en dúas etapas, (1993-96 e 1997-2000). No medio xogou un ano para a Juventus (1996-97)), gañando o Scudetto da Serie A. De volta ao Lazio consegue a Copa de Italia en 1998 a Recopa ao ano seguinte e outro Scudetto no 2000.

Remataría a súa carreira en Inglaterra xogando co Middlesbrough, entre os anos 2000 e 2003. A pesar do seu bo rendemento tivo moitos problemas coas lesións e finalmente retírase no ano 2003

Selección

[editar | editar a fonte]

Bokšić foi chamado pola selección iugoslava para disputa-lo Mundial de 1990, mais o adestrador non lle deu nin un só minuto de xogo.

Coa selección croata xogou 40 encontros, nos que anotou 10 goles. Participou na Eurocopa de Fútbol 1996, mais non puido disputa-lo Mundial de 1998 por mor dunha lesión. Croacia sería a sorpresa do torneo acadando a terceira praza a pesar de non poder contar con el na dianteira para acompañar a Davor Šuker. Finalmente puido xogar un mundial en Corea e o Xapón, aínda que o equipo balcánico non pasou da primeira rolda.

  • Nogometni leksikon (2004, en Croata)