Saltar ao contido

Victor Brooke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Victor Brooke

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalVictor Alexander Brooke
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1843 Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1891 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Pau, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónHarrow School Editar o valor en Wikidata
Q89547790Descrición da especie Gazella walleri (hoxe clasificada como Litocranius walleri)
Actividade
Ocupaciónnaturalista Editar o valor en Wikidata
LinguaInglés
Outro
TítuloBaronete (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlice Bellingham (1864–) Editar o valor en Wikidata
FillosSir Arthur Brooke, 4th Baronet, Ronald George Brooke, Butler Brooke, Victor Reginald Brooke, Alice Mildred Brooke, Hylda Brooke, Alan Brooke Editar o valor en Wikidata
PaisSir Arthur Brooke, 2nd Baronet Editar o valor en Wikidata  e Julia Henrietta Anson Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Brooke-1296

Sir Victor Alexander Brooke, 3º barón de Brooke, nado o 5 de xaneiro de 1843 e finado o 27 de novembro de 1891 en Pau, foi un aristócrata anglo-irlandés, coñecido cazador da caza maior e naturalista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Sir Arthur Brooke, 2º Barón de Brooke, aristócrata do Ulster, do condado de Fermanagh en Irlanda do Norte, a quen sucedeu no título e na propiedade de Colebrooke en 1854.

Estudou en Harrow, Londres, e logo viaxou ao estranxeiro, sendo un deportista entusiasta que gozaba coa caza maior.

Foi maxistrado, tenente adxunto e shériff de Fermanagh.

Cazador apaixonado, especialmente da caza maior, esta afección fixo que se interesara na historia natural. Viaxou moito, e pouco a pouco foi arruinando a fortuna familiar.

Philip Lutley Sclater (1829-1913) e Michael Rogers Oldfield Thomas (1858-1929) publicaron os catro volumes de The Book of Antelopes (O libro dos antílopes) desde 1894 até 1900. As láminas estaban a cargo de Victor Brooke, pero a súa prematura morte, a causa dun accidente de caza, detivo este proxecto.

Como naturalista, é coñecido por ser o primeiro descritor, en 1878, da nova especie Gazella walleri, antílope do Corno de África da subfamilia dos antilopinos, no traballo publicado en Proc. Zool. Soc. Lond., 1878: 929.[1] A especie foi posteriormente reclasificada no xénero Litocranius, creado en 1886 por Franz Friedrich Kohl.

Os seus recordos de caza publicáronse postumamente: "Sir Victor Brooke: deportista e naturalista", en 1896.

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Casou con Alice Sophia Bellingham, filla de Sir Alan Edward Bellingham, 3 Barón de Bellingham, en 1864. Despois de casar, establecéronse na cidade de Pau Francia, onde tiveron polo menos seis fillos. O máis novo foi Alan, máis tarde mariscal de campo e 1º Vizconde de Alanbrooke. Así mesmo, foi o avó do 1º Vizconde de Brookeborough, terceiro primeiro ministro de Irlanda do Norte.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Brooke emprégase para recoñecer o autor como autoridade na descrición e clasificación taxonómica en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]