Alberto de Palacio
Alberto de Palacio | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alberto de Palacio y Elissague |
Nacemento | 24 de xaneiro de 1856 |
Lugar de nacemento | Sare |
Falecemento | 18 de maio de 1939 |
Lugar de falecemento | Getxo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto, enxeñeiro civil e enxeñeiro |
Coñecido por | Ponte de Biscaia e Osram factory |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |

Ponte Colgante sobre o río Nervión.
Paz Martin Alberto de Palacio y Elissague nado en Sara (Pyrénées-Atlantiques, Francia) o 25 de xaneiro de 1856 e finado en 1939, foi un enxeñeiro e arquitecto español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo de pai biscaíno e de nai saratarra (nome dos habitantes de Sara). Pasou a súa infancia na súa vila natal, e logo os seus pais instaláronse en Gordexola, preto de Bilbao, onde fixo os estudos secundarios no colexio de San Zoilo y San Félix.
En 1882 acabou os estudos na Escola de Arquitectura de Barcelona. Logo marchou para París, para se perfeccionar, trabando trato con Ferdinand Arnodin (1845-1924), especialista en pontes sostidas por cables.
Obra[editar | editar a fonte]
- Palacio de Velázquez (1883). No parque do Bo Retiro de Madrid, con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga.
- Sede central do Banco de España (1884-1891). Madrid, en colaboración.
- Pazo de Cristal do Retiro (1887). No parque do Bo Retiro, Madrid, de novo con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga. Inspirado no Crystal Palace de Londres.
- Estación de Atocha (1888-1892). Madrid, en colaboración co enxeñeiro Saint-James.
- Ponte-transbordador de Portugalete, tamén chamada ponte de Biscaia (1893). En 2006 foi declarada patrimonio mundial pola UNESCO.
- Fábrica Osram (1916). Paseo de Santa María de la Cabeza, Madrid.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberto de Palacio |