Alberto da Costa e Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto da Costa e Silva
Nacemento12 de maio de 1931
Lugar de nacementoSão Paulo
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónescritor, historiador, diplomático, político e poeta
PremiosPremio Camões, Orde do Mérito Cultural, Comendador da Ordem Militar de Cristo, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Grande-Oficial da Ordem do Infante Dom Henrique, Comendador da Ordem do Infante Dom Henrique, Cavaleiro da Ordem do Infante Dom Henrique, Comendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
editar datos en Wikidata ]

Alberto Vasconcellos da Costa e Silva, nado en São Paulo o 12 de maio de 1931, é un diplomático, poeta, ensaísta, memorialista e historiador brasileiro.

Biografía[editar | editar a fonte]

É fillo do poeta Antônio Francisco da Costa e Silva e de Creusa Fontenelle de Vasconcellos da Costa e Silva.[1]

Formado polo Instituto Río Branco en 1957,[2] Alberto da Costa e Silva serviu como diplomático en Lisboa, Caracas, Washington, Madrid e Roma, antes de ser embaixador na Nixeria e no Benim, en Portugal, na Colombia e no Paraguai.

Foi embaixador en Lisboa de 1989 a 1992, en Bogotá de 1992 a 1994 e en Asunción até 1995.

Foi elixido para a cadeira 9 da Academia Brasileira de Letras, en 27 de xullo de 2000. Foi presidente da entidade os anos de 2002 e 2003. En 2004 foi escollido pola Unión Brasileira de Escritores (UBE) como o "Intelectual do Ano". Alberto da Costa e Silva é, tamén, académico correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa.

Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade Obafemi Awolowo (ex-Uni­versidade de Ifé), de Nixeria, en 1986, e en Historia pola Universidade Federal Fluminense, en 2009, e pola Universidade Federal da Bahia, en 2012.[3]

Casado con Vira Queiroz da Costa e Silva, tradutora premiada pola tradución de O Mundo se Despedaça de Chinua Achebe.

En 2014 recibiu o Premio Camões polo conxunto de súa obra.[4]

Obras do autor[editar | editar a fonte]

Como poeta[editar | editar a fonte]

  • O parque e outros poemas (1953).
  • O tecelão (1962).
  • Alberto da Costa e Silva carda, fia, doba e tece (1962).
  • Livro de linhagem (1966).
  • As linhas da mão (1978). (Prêmio Luísa Cláudio de Souza, do Pen Club do Brasil)
  • A roupa no estendal, o muro, os pombos (1981).
  • Consoada (1993).
  • Ao lado de Vera (1997). (Prêmio Jabuti, da Câmara Brasileira do Livro)

[editar | editar a fonte]

  • A enxada e a lança: a África antes dos Portugueses. Edições 2110/82
  • As relações entre o Brasil e a África Negra, de 1822 a 1° Guerra Mundial. Ed.3577
  • A manilha e o Libambo: A África e a Escravidão, de 1500 a 1700. Ed.2002.
  • Um Rio Chamado Atlântico, 2012
  • Francisco Félix de Sousa, Mercador de Escravos. Ed.2004
  • Imagens da África: da Antiguidade ao Século XIX (organização e notas de Alberto da Costa e Silva), 2012

Como ensaísta[editar | editar a fonte]

  • O vício da África e outros vícios (1989).
  • Guimarães Rosa, poeta (1992).
  • Mestre Dezinho de Valença do Piauí (1999).
  • Castro Alves: um poeta sempre jovem (2006).

Como memorialista[editar | editar a fonte]

  • Espelho do Príncipe. (1994)

Como organizador de antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Lendas do índio brasileiro , 1957, 1969, 1980 e 1992
  • A nova poesia brasileira, Lisboa, 1960
  • Poesia concreta, Lisboa, 1962
  • Da Costa e Silva, 1997
  • Poemas de amor de Luís Vaz de Camões, 1998
  • Antologia da poesia portuguesa contemporânea, con Alexei Bueno,1999
  • Dirixiu e foi o principal redactor da parte brasileira da Enciclopédia Internacional Focus, Lisboa, 1963-1968

Condecoracións[5][editar | editar a fonte]

Conexións externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alberto da Costa e Silva". www.cuadernosdelaberinto.com (en castelán). Consultado o 2020-04-10. 
  2. "Conversando con Alberto da Costa e Silva". arquitrave.com (en castelán). Consultado o 2020-04-10. 
  3. "Alberto da Costa e Silva". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  4. Carvalho, Cláudia Lima. "O Prémio Camões 2014 é o brasileiro Alberto da Costa e Silva". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  5. "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Alberto Vasconcellos da Costa e Silva".