Alberto Solís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solís
Información persoal
Nome Alberto Solís Gómez
Nacemento 1 de xaneiro de 1998
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Real Unión
Número 20
Carreira xuvenil
–2015 Sevilla
2015–2017 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2021 Celta de Vigo B 78 (11)
2021–2023 Cultural Leonesa 67 (10)
2023– Real Unión 13 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Alberto Solís Gómez, nado en Tomares o 1 de xaneiro de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Unión, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Sevilla, chegando a ser internacional con selección española sub-16. No verán de 2015 fichou polo xuvenil do Celta de Vigo, co que xogou dous anos na División de Honra.[1] Na tempada 2016/17 debutou co filial celeste, o Celta B, na primeira xornada da Segunda División B, ante o Mutilvera. No verán de 2017 renovou o seu contrato co club vigués, pero en outubro sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, lesión que o afastou dos terreos de xogo durante sete meses.[2] Reapareceu na tempada seguinte, converténdose nun dos futbolistas importantes do filial, co que xogou 31 partidos, marcando dous goles.

No verán de 2019 foi convocado por Fran Escribá para realizar a pretempada co primeiro equipo do Celta, xunto a outros oito xuvenís. Continuou un ano máis no filial, disputando 18 partidos e anotando 4 goles, ata que a pandemia de COVID-19 paralizou o fútbol do país. No verán de 2020 debutou co primeiro equipo céltico nun amigable ante o Oviedo, da man de Óscar García Junyent, pero non tivo oportunidades en partidos oficiais. En decembro volveu sufrir outra lesión, aínda que acabou sendo unha peza importante do Celta B que disputou a promoción de ascenso a Segunda División.

No verán de 2021 puxo fin a súa etapa en Vigo tras seis tempadas, nas que disputou 78 partidos co filial, marcando 11 goles.[1] En agosto de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, da nova Primeira División RFEF.[3] Xogou 69 partidos nos seus dous anos en León, anotando 11 goles.. Para a campaña 2023/24 asinou como novo xogador do Real Unión, adestrado polo galego Fran Justo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alberto Solís deja el Celta B tras 6 años en la cantera" (en castelán). 15 de xuño de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2023. 
  2. "El jugador del Celta B Alberto Solís recibe el alta siete meses después". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xuño de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2023. 
  3. "Alberto Solís es nuevo jugador de la Cultural y Deportiva Leonesa" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023. 
  4. Ruiz, Martín (27 de xullo de 2023). "El Real Unión se refuerza con Solís y finaliza la semana contra la SD Logroñés" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]