Al-Arish
العريش (ar) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Exipto | |||
Gobernación | Sinai do Norte (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 164.830 (2012) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 15 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Al-Arish ou El-Arish (en árabe العريش al-ʿArīš, en copto ϩⲣⲓⲛⲟⲕⲟⲣⲟⲩⲣⲁ Hrinokorura), e unha cidade de Exipto, é a capital e cidade máis grande, con 164 830 habitantes en 2012,[1] da gobernación (provincia) de Exipto do Sinaí do Norte, así como a cidade máis grande de toda a península do Sinaí
Situada na costa mediterránea, a 344 quilómetros ao nordeste do Cairo, limita coa franxa de Gaza e con Israel.
Al-Arīsh distínguese polo mar de augas azuis claras, as frondosas formacións de palmeiras datileiras na súa costa e as súas suaves praia de areas brancas. Ten un porto deportivo e moitos hoteis de luxo. A cidade tamén ten algunhas das facultades da Universidade do Canal de Suez.
Al-Arīsh está xunto a un gran leito fluvial, o Wādī al-ʻArīsh, que recibe augas de gran parte do norte e do centro do Sinaí.
Historia
[editar | editar a fonte]

A cidade xurdiu en torno a un asentamento beduíno próximo ao antigo posto avanzado de Rinocolura, durante a dinastía tolemaica.[2] Localizada a medio camiño entre Israel e Exipto, Al-Arish ten grande interese arqueolóxico pero, asombrosamente, non se realizaou ningún proxecto arqueolóxico importante nela ou na súa veciñanza. Na Idade Media, os peregrinos interpretaron mal o lugar como o Sukkot da Biblia. Arish significa "chozas de palma", que corresponde en árabe ao Sukkot hebreo.
Nesta época, en 1117 o primeiro rei de Xerusalén Balduíno I, visitando a costa da península do Sinaí, enfermou. Convencido de que o seu mal era debido ao seu matrimonio bígamo, enviou á súa esposa Adelaida de volta ao reino de Sicilia.
Segundo Fulquerio de Chartres:
«Entón un día paseaba xunto ao río que os gregos chaman Nilo e os hebreos Gihon, cerca da cidade, divertíndose con algúns amigos. Varios dos cabaleiros usaron habilmente as súas lanzas para capturaren algúns peixes, que levaron ao campamento, onde os comeron. Entón, o rei sentiu as dores dunha antiga ferida e sufriu unha gran debilidade.»
En palabras de Thomas Fuller, un historiador do século XVII, Balduíno «capturou moitos peixes, así como a súa morte ao comelos».
Balduíno foi levado de volta a Xerusalén nunha padiola, pero morreu no camiño, na aldea de Al-Arish, o 2 de abril de 1118. Fulquerio de Chartres di: «os francos chorárono, os sirios e incluso os sarracenos que o viron tamén o lamentaron».
No Imperio otomán construíronse novas fortalezas no lugar, en 1560.
Durante as Guerras napoleónicas, os franceses sitiaron a fortaleza, que caeu despois de once días, o 19 de febreiro de 1799.
A fortaleza foi destruída polos bombarderos británicos durante a Primeira guerra mundial.
Despois da creación do Estado de Israel en 1956 Al-Arish estivo un tempo baixo administración israelí nese ano, e o outra vez desde 1967 até 1979, cando se asinou o tratado de Paz entre Israel e Exipto de 1979. Despois de volver a soberanía exipcia converteuse nun centro para o comercio e de tránsito entre os dous países. É un destino turístico cada vez máis popular.
Despois de 1967, Israel destruíu a liña de Al-Arish ao Canal de Suez por razóns de seguridade.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Central Agency for Public Mobilization and Statistics, Egypten.
- ↑ Meer, Michaël N. van der (2012): "The Natural and Geographical Context of the Septuagint: Some Preliminary Observations". En: W. Kraus, M. Karrer & M. Sigismund (eds.) Die Septuaginta. Entstehung, Sprache, Geschichte. 3. Internationale Fachtagung veranstaltet von Septuaginta Deutsch (LXX.D). Tübingen: Mohr-Siebeck, pp. 387-421.
- ↑ Al-ʿArīsh na Encyclopaedia Britannica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al-Arish |
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|