Aharon Appelfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aharon Appelfeld en 2014.

Aharon Appelfeld (en hebreo: אהרן אפלפלד ), nado Ervin Appelfeld en Stara Zhadova o 16 de febreiro de 1932, é un escritor israelí.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ervin naceu no condado de Storojineţ na Bucovina, entón unha rexión do Reino de Romanía, e agora de Ucraína, no seo dunha familia acomodada, seu pai era o industrial Michael Appelfeld, que procedía unha familía xudía non relixiosa de lingua alemá mentres súa nai Bonya procedía dunha familia xasidí de lingua yiddish. A partir de 1938[2] o seu pai intentou lograr un visado para emigrar a América ao se deteriorar a situación dos xudeus en Romanía. En xuño de 1940 a Unión Soviética conquistou o norte de Bucovina, e Appelfeld comezou a estudar nunha escola primaria soviética. En 1941, cando tiña nove anos, o exército romanés aliado co alemán reconquistou a súa vila tras un ano de ocupación soviética, establecéndose un réxime de terror contra os xudeus, e nese contexto asasinaron á súa nai.[3] Appelfeld acabou deportado co seu pai nun campo de concentración nazi na zona da Transnistria controlada por Romania. Logrou fuxir e estivo agochado no bosque durante tres anos antes de se unir ao exército soviético en 1944 realizando traballos nas cociñas, movéndose por Romanía e Bulgaria durante a guerra. En Bulgaria fuxiu do exército e con outros mozos marchou a Iugoslavia, e logo pasou varios meses nun campo para persoas desprazadas en Italia situado nun mosteiro. Entrou a militar na organización sionista Aliyat Hanoar e emigrou a Palestina en 1946, dous anos antes da independencia de Israel, e estudou nunha escola agrícola entre 1946 e 1948. Serviu no exército (1950-1952), e logo estudou literatura hebrea e yiddish na Universidade Hebrea de Xerusalén. En 1957 logrou atopar a seu pai ao velo nunha lista da Axencia Xudía. O pai estivera nunha ma'abara (campo de refuxiados) en Be'er Tuvia. A xuntanza tivo tanta carga que Appelfeld nunca foi capaz de escribir sobre iso[4]. Ensinou literatura na Universidade Ben Gurion Universidade do Negev dende 1979 ata o 2000.

Obra[editar | editar a fonte]

Malia ser un dos autores en hebreo máis recoñecidos non foi ata a súa chegada a Israel, en plena adoslescencia, que Appelfeld aprendeu hebreo. A súa primeira lingua foi o alemán, o yiddish aprendeuno do seu avó materno, e tamén sabe ucraíno, romanés, ruso, inglés e italiano. A súa obra ten como tema recurrente o Holocausto e os sufrimentos dos xudeus en Europa, e ao non se sentir a gusto escribindo en alemán escolleu o hebreo como o seu vehículo literario. Primeiro escribiu poesía que apareceu na prensa literaria en 1955 e 1956 para pasar despois á prosa, o seu primeiro relato apareceu en 1959 na revista Gazit e a primeira colección publicouna en 1962 so o nome de Ashan. Moitas das historias de Appelfeld teñen lugar na Europa oriental e en Palestina, reflectindo as súas experiencias como un rapaz no Holocausto e como un mozo supervivente no novo Israel. Outros moitos libros describen os eventos que precederon o Holocausto, en especial a situación dos xudeus en Europa antes da Segunda Guerra Mundial ou sobre aspectos da tradición dos xasidís, mais todos eles están nalgún aspecto relacionado coa súa vida, nunha recreación do seu pasado, xa que el persoalmente apenas conservou memoria da súa infancia [5].

Libros[editar | editar a fonte]

  • Ashan. Achshav, 1962 (relatos)
  • Bagai Haporeh. Schocken, 1963 (relatos)
  • Kfor Al Haaretz. Massada, 1965 (relatos)
  • Bekomat Hakarka. Daga, 1968 (relatos)
  • Adanei Ha-Nahar. Hakibbutz Hameuchad, 1971 (relatos)
  • Haor Vehakutonet. Am Oved, 1971 (novela)
  • Keishon Haayin. Hakibbutz Hameuchad, 1973 (novela curta)
  • Kemeah Edim. Hakibbutz Hameuchad, 1975 (escolma de relatos)
  • Shanim Veshaot. Hakibbutz Hameuchad, 1975 (novelas curtas)
  • Tor Haplaot. Hakibbutz Hameuchad, 1978 (novela)
  • Masot Beguf Rishon. WZO, 1979 (ensaios)
  • Badenheim Ir Nofesh. Hakibbutz Hameuchad, 1979 (novela)
  • Makot Haor. Hakibbutz Hameuchad, 1980 (novela)
  • Hakutonet Vehapasim. Hakibbutz Hameuchad, 1983 (novela curta)
  • Tzili: Sipur Haim. Hakibbutz Hameuchad, 1983 (novela)
  • Beet Ubeona Ahat. Hakibbutz Hameuchad, 1985 (novela)
  • Ritzpat Esh Keter, 1988 (novela)
  • Katerina. Keter, 1989 (novela)
  • Mesilat Barzel. Keter, 1991 (novela)
  • Layish. Keter, 1994 (novela)
  • Timyon. Keter, 1995 (novela)
  • Ad Sheya'ale Amud Hashachar. Keter, 1995 (novela)
  • Michreh Hakerach. Keter, 1997 (novela)
  • Sipur Hayim. Keter, 1999 (memorias)
  • Kol Asher Ahavti. Keter, 1999 (novela)
  • Masa El Hachoref. Keter, 2000 (novela)
  • Layla Veod Layla. Keter, 2001 (novela)
  • Pit'om Ahava. Keter, 2003 (novela)
  • Pricha Prait. Keter, 2004 (novela)
  • Polin Eretz Yeruka. Keter, 2005 (novela)
  • Pirchei Haafela. Keter, 2006 (novela)
  • Chayim Shlemim. Keter, 2007 (novela)
  • Vehaza'am Od Lo Nadam. Kinneret, Zmora-Bitan, 2008 (novela)
  • Haish Shelo Pasak Lishon. Kinneret, Zmora-Bitan, 2010 (novela)
  • Mayim Adirim. Kinneret, Zmora-Bitan, 2011 (novela)
  • Ad Chod Hatza'ar. Kinneret, Zmora-Bitan, 2012 (novela)
  • Avi Veimi. Kinneret, Zmora-Bitan, 2013 (novela)
  • Yalada Shelo Min Haolam Hazeh. Kinneret, Zmora-Bitan, 2013 (narrativa xuvenil)
  • Yamim Shel Behirut Madhima Kinneret, Zmora-Bitan, 2014 (novela)
  • Leilot Kayitz Arukim Kinneret, Zmora-Bitan, 2015 (novela)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shavit, Ari (2013). My Promised Land: The Triumph and Tragedy of Israel. New York: Spiegel & Grau. pp. 165, 153. ISBN 9780385521703. OCLC 868556330. 
  2. Appelfeld, Aharon The Story of a Life Knopf Doubleday, 2009, p. 31
  3. Elkann, Alain (Fall 2014). "Aharon Appelfeld, The Art of Fiction No. 224". The Paris Review (210). 
  4. Alon, Ktzia (9 de maio de 2008). "Circular confession". Haaretz. 
  5. Schwartz, Yigal Aharon Appelfeld: From Individual Lament to Tribal Eternity University Press of New England, 2001; p. 5