Agustín Hernández
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1961 (63 anos) Madrid, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
2014 – 2015 ← Ángel Currás Fernández – Martiño Noriega → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi Director Xeral de Obras Públicas desde 1998 ata 2005. Foi elixido deputado por Pontevedra no parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 polo Partido Popular, cando o partido liderado por Alberto Núñez Feijóo acadou o goberno da Xunta de Galicia. Hernández foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Cesou no cargo en xuño de 2014 para ser alcalde de Santiago de Compostela trala dimisión da práctica totalidade do equipo de goberno municipal do PPdeG por corrupción e haber concorrido en 2011 pechando a candidatura da súa formación. Desta maneira conformou un goberno con varios edís non electos, tras agotala práctica totalidade dos suplentes da candidatura. Encabezou a candidatura do PPdeG nas eleccións municipais de 2015 e perdeu a alcaldía en favor do candidato de Compostela Aberta Martiño Noriega, tras pasala ser a segunda forza por detrás desta formación. Durante este mandato asumiu a portavocía do grupo municipal, foi deputado provincial e asumiu a presidencia local do PPdeG en Santiago. Encabezou novamente a candidatura popular nas eleccións municipais de 2019 e volveu a ser derrotado, nesta ocasión polo socialista Xosé Sánchez Bugallo. En setembro de 2019 renunciou aos seus cargos no concello e no comité local do partido en Santiago, pasando a asumila presidencia do Consello Económico e Social de Galicia. En setembro de 2023 anunciou a súa dimisión.
En 1985 participou como enxeñeiro na construción do encoro de Santa Uxía, que imposibilitou durante vinte e cinco anos que o río Xallas desembocase no mar na fervenza do Ézaro. A raíz dunha denuncia do grupo ecoloxista AMS-Ríos con Vida, o propio Hernández resolveu en abril de 2011, sendo conselleiro de Medio Ambiente, impoñer un caudal ecolóxico a empresa FerroAtlántica na fervenza do Ézaro.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten tres fillos.
Predecesor: María Xosé Caride |
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas 2009 - 2014 |
Sucesor: Ethel Vázquez |
Predecesor: Ángel Benito Currás Fernández |
Alcalde de Santiago de Compostela 2014 - 2015 |
Sucesor: Martiño Noriega Sánchez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Recuperada a fervenza do Ézaro non só "por vacacións" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Hernández |