Encoro de Santa Uxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O encoro de Santa Uxía atopase no tramo final do río Xallas no concello de Dumbría, na provincia da Coruña. Foi construído coma aproveitamento hidroeléctrico e pertence ó Grupo FerroAtlántica, así coma os outros encoros do Xallas, ademais doutros intereses enerxéticos ó longo de España. O encoro que forma ten unha capacidade de 18 hm³.

A Presa[editar | editar a fonte]

Dirixida polo enxeñeiro de camiños Juan Benet Goitia, a presa é de gravidade de planta recta, e foi executada co sistema de formigón compactado con rodillo, sendo na actualidade a terceira de España en altura construída con este sistema.

  • Data:1986-1988;
  • Coroación: 295 m divididos en 5 blocos de 90 m de longo máximo;
  • Alto sobre de cimentos: 85,5 m;
  • Talud augas arriba da presa 0,05;
  • Talud augas abaixo 0,75;
  • Volume de formigón empregado:257.000 ;
  • A composición de formigón foi de 110 kg/m³ de cemento e 130 kg/m³ de cinzas con árido máximo de 70 mm;

Aliviadoiro e central[editar | editar a fonte]

O aliviadoiro está constituído por un vertedoiro de comportas de vagón, con catro vans, separados por pías, sobre as que se apoia a ponte. A disipación de enerxía foi prevista mediante unha cunca amortecedora de tipo de resalto hidráulico, facendo a reversión o río en “salto de sky”.

A central eléctrica asociada a este encoro está situada na enseada do Ézaro e conta cunha potencia instalada de 98 Mw.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]