Agustín Villafines González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Villafines González
Lugar de nacementoBaiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Agustín Villafines González, nado en Baiona, foi un político e anarquista galego do Partido Sindicalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel, foi elixido contador da directiva da sociedade agraria La Reconquista para 1931[1]. En xuño de 1936 foi nomeado tenente alcalde de Baiona trala dimisión de Manuel Godoy Agrelo como alcalde, sendo alcalde accidental de Baiona cando o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936; días despois presentouse de forma voluntaria ante as autoridades militares, que o detiveron. Ingresou no cárcere de Vigo o 1 de agosto, e foi condenado a trinta anos de reclusión na causa 88/36 por rebelión. Estivo preso no campo de concentración da Illa de San Simón, ata que en 1941 foi posto en liberdade polas autoridades. Tralo seu paso por prisión decidiu xunto co seu irmán José Villafines González exiliarse na Arxentina. Volveu en repetidas ocasións a Baiona antes de falecer.


Predecesor:
Benito Ramallo Gómez
 
Alcalde de Baiona
 
1936
Sucesor:
José Barreiro Álvarez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega, 30-12-1930, p. 50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]