José Barreiro Álvarez
José Barreiro Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 1878 |
Baiona | |
Falecemento | 19 de decembro de 1937 |
Baiona | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Barreiro Álvarez, nado en Baiona en 1878 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1937, foi un farmacéutico, empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Barreiro e Juana Álvarez de Blas, dunha acomodada familia baionesa. Estudou farmacia. En 1908 xa formara parte da primeira directiva da Sociedade de mariñeiros e pescadores A Anunciada[1]. Foi nomeado xuíz de paz en xullo de 1911. Foi un dos propietarios do forno de cal sitiado na praia da Ladeira de Baiona. Chegou á alcaldía por primeira vez no bienio 1921 a 1923. Anos despois tivo distintos cargos de asociacións baionesas, entre elas o de vicepresidente do Liceo Recreativo con Ulpiano Nogueira como presidente. En outubro de 1933 era o contador na Unión Regional de Derechas do Val Miñor. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 25 de xullo, foi nomeado presidente da Xestora Municipal de Baiona. Deixou o cargo de alcalde de Baiona en 1937 por problemas de saúde, sendo nomeado para o no seu posto Ricardo Agustí Sanjuán. Faleceu pouco despois, o 19 de decembro de 1937.
Predecesor: Benito San Claudio |
![]() Alcalde de Baiona 1918 - 1923 |
Sucesor: Manuel Barreiro Álvarez |
Predecesor: Agustín Villafines González |
![]() Alcalde de Baiona 1936 - 1937 |
Sucesor: Ricardo Agustí Sanjuán |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Correspondencia Gallega (16/09/1908). "Montepío en Bayona". Consultado o 16/09/1908.