Manuel Godoy Agrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Godoy Agrelo

Marzo 1936 – Xuño 1936
Precedido por Vicente González Cadilla
Sucedido por Benito Ramallo

Datos persoais
Nacemento Baiona
Falecemento 22 de febreiro de 1942
Profesión Empresario

Manuel Godoy Agrelo, nado en Baiona e finado no mesmo concello o 22 de febreiro de 1942, foi un empresario e político galego. Foi alcalde accidental en distintas ocasións e o seu paso pola presidencia do concello de Baiona foi efémera, non así a súa actividade pública.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un apaixonado dos deportes e un precursor dos mesmos en Baiona, sendo presidente do Bayona Sporting Club en 1921[1] club que propulsou xunto con Ventura Salgado. Presidiu o Club Náutico Bayonés en febreiro de 1925 e participou en torneos de pelota vasca.

Na súa vida pública baionesa foi moi activo e estivo en moitas frontes. Foi durante moitos anos tesoreiro da Confraría de pescadores baixo a presidencia de Herminio Ramos, e presidente do Casino Recreativo de Baiona en 1925. Tamén foi afeccionado ó teatro, sendo parte habitual no cadro de declamación de Baiona.

Foi concelleiro en distintas ocasións, sendo segundo tenente de alcalde durante o goberno de José Rodríguez de Vicente "Joselín", ocupando accidentalmente a alcaldía en xaneiro e febreiro de 1928.

En marzo de 1936 foi elixido alcalde de Baiona, ocupando a tenencia de alcaldía Benito Ramallo, quen o substituíu tres meses despois, tras dimitir en xuño de 1936 por motivos persoais.

A súa principal actividade foi a de empresario conserveiro. Comprou a antiga fábrica de conservas de Julián Revollar xunto co seu socio Valentín Puga. En 1937 comezan a proxectar a construción dunha nova fábrica no terreo coñecido como "Debajo del Pozo", obras que comezaron en 1938, e que foron levadas a cabo polo mestre construtor Mojines, a quen se lle debe o nome dun antigo peirao situado na Avenida Monterreal. O 9 de agosto de 1939 inauguran a fábrica de Puga & Godoy, coa que contribuíron en moitas ocasións co Movemento.

O 22 de febreiro de 1942 faleceu repentinamente dunha embolia cerebral.


Predecesor:
Vicente González Cadilla
 Coat of Arms of Baiona (Official).svg
Alcalde de Baiona
 
marzo de 1936 - xuño de 1936
Sucesor:
Benito Ramallo Gómez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Integridad, 21-1-1921, p. 2.