Benito Ramallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Benito Ramallo Gómez»)
Infotaula de personaBenito Ramallo
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Benito Ramallo Gómez, nado en Noia o 17 de febreiro de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1972, foi un mestre e político galego. Foi nomeado alcalde de Baiona en xuño de 1936, tras a dimisión de Manuel Godoy Agrelo por motivos persoais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un mestre avanzado que apostou pola ensinanza en Baiona, sendo un dos precursores das escolas nocturnas de Baiona nas que os alumnos eran numerosos. Tamén foi presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Baiona e conseguiu varias subvencións para bibliotecas nos centros educativos do concello.

Foi moi activo na súa vida pública e impartiu cursos nas misión pedagóxicas para nenas en Baiona. Tamén foi moi afeccionado ao teatro a nivel afeccionado. Foi secretario do Liceo Marítimo de Baiona nos anos da II República.

Formaba parte da corporación do Concello de Baiona cando gobernaba Manuel Godoy Agrelo[1], ocupando o cargo de primeiro tenente de alcalde. Cando o alcalde dimitiu en xuño de 1936, Benito Ramallo fíxose cargo da alcaldía de forma interina. Formou goberno nese mesmo mes, e nomeou primeiro tenente de alcalde a Agustín Villafines González, albanel de Baiona e militante do Partido Sindicalista.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba Agustín Villafines á fronte da alcaldía. Foron cesados do goberno en agosto de 1936, e Benito Ramallo foi xulgado por rebelión militar. A causa foi sobresida de forma provisional, e foi separado do servizo como mestre e baixa na escala o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1941, que foi sobresido por carecer de bens. Finou en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1972.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Carmen Iglesias Moreno e foi pai de José Luis e Manuel María Ramallo Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro de Vigo (16/06/1936). "Faro de Vigo". Faro de Vigo. 
  2. La Voz de Galicia, 16-11-1972, p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Godoy Agrelo
 
Alcalde de Baiona
 
xuño de 1936 - agosto de 1936
Sucesor:
Agustín Villafines González