Olveira, Ribeira
Olveira | |
---|---|
Capela de Sirves | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°35′21″N 9°02′48″O / 42.58916667, -9.04666667 |
Poboación | 1.157 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2018 tiña 1.181 habitantes (583 mulleres e 598 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón unha diminución en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As súas entidades de poboación son Agrelo, Os Agueiros, O Barreiro, Bretal, Campelos, Casanande, Cerradas, A Cocheiriza, Cristal, A Espiñeira, Iñeiras, O Monte da Laxa, Olveira, Olveira da Igrexa, Olveira de Arriba, Reirís, Sirves, O Souto e O Viso.
Historia
[editar | editar a fonte]Trala caída do Antigo Réxime foi concello de seu entre 1812 e 1835, cando foi incorporada a Ribeira.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Olveira é de orixe románica (época da que conserva unha cripta, un Agnus Dei e dúas columnas cos capiteis), sendo reconstruída en 1742 en estilo neoclásico.
A Igrexa Nova de Olveira (na Agra) foi construída en 1967 en estilo neoclásico. Con base de cruz latina, está construída en cachotaría. Conserva reliquias dos mártires do século III Nectario e Victorina.
A capela da Nosa Señora da Angustia (en Bretal) foi construída en 1790 por Roque Pillado de Orellán. Ten unha pequena espadana. A capela da Nosa Señora das Dores (en Sirves) foi construída en 1869 e restaurada en 2002. En Campelos está a capela da Sagrada Familia.
O cruceiro do Viso é un cruceiro de capela. A furna está sobre un piar octogonal e base ortogonal en chanzos.
O parque natural Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un espazo natural protexido, cunha duna móbil, unha lagoa salgada e outra seca. O monte Tahúme é o punto máis alto da parroquia.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais son o 13, 14 e 15 de agosto. O 30 de abril celébrase a festa das Dores no lugar de Sirves. O 4 de xuño é a festa da Angustia en Bretal. O 8 de setembro é a festa do Rosario en Olveira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Olveira, Ribeira.
-
Anta de Axeitos
-
Pavillón municipal de Sirves.
-
Igrexa parroquial
-
Capela de Campelos.
-
Escultura de Leopoldo Nóvoa en Bretal.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Olveira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Olveira no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
Agrelo | Os Agueiros | O Barreiro | Bretal | Campelos | Casanande | Cerradas | A Cocheiriza | Cristal | A Espiñeira | Iñeiras | O Monte da Laxa | Olveira | Olveira da Igrexa | Olveira de Arriba | Reirís | Sirves | O Souto | O Viso |