Saltar ao contido

Aguas de Cabreiroá

 Aguas de Cabreiroá
Logotipo
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1906 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
   50 (2008) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Aguas de Cabreiroá é unha empresa galega de bebidas con sede en Cabreiroá (Verín). Foi fundada por José García Barbón en 1906. A empresa é propiedade de Hijos de Rivera.

Balneario

A finais do século XIX as xentes do lugar ían a un manancial para curar as doenzas do aparato dixestivo, e o párroco acondicionou a zona, e promoveu a construción dunha fonte. O empresario Xosé García Barbón encargou estudos químicos sobre as augas, e adquiriu a fonte e os terreos dos arredores, levantando unha construción de estilo modernista para acomodar ás xentes que visitaban a zona. En 1906 creouse a empresa Aguas de Cabreiroá, cunha planta de embotellamento. En 1907, encargouse unha nova análise ao doutor Santiago Ramón y Cajal, que certificou as súas propiedades mineromedicinais. Nese mesmo ano iniciáronse as obras do hotel-balneario. As instalacións incluían un parque de 5 hectáreas con 2000 árbores de 72 especies distintas.

Manancial

Á morte de García-Barbón, o balneario pasou a mans do seu neto, Benigno Salgueiro García-Barbón, que á súa vez morreu en 1931, pasando entón á súa viúva, Cecilia de Espínola. Entre novembro de 1936 e marzo de 1937, logo do inicio da guerra civil española, o hotel-balneario pasou a ser hospital de campaña, acollendo militares do bando nacional que combatían na fronte de Asturias. O hospital contaba con material incautado ao médico Carlos Reino Caamaño, que fora elixido alcalde de Verín en xullo de 1936 por Izquierda Republicana.[1]

A actividade de envasado de auga proseguiu no tempo. Na década de 1990, entrou no accionariado Hijos de Rivera, que en 2006 tomou o control de toda a empresa.

En 2008, déronse varios casos de intoxicación por auga adulterada en Ourense. A empresa considerou o acontecido como unha sabotaxe a súa marca.[2] O sector respondeu trocando o peche das botellas, deixando os tapóns de presión con precinto de plástico por tapóns de rosca.

Tarxeta postal de 1912.
Anuncio en Vida Gallega en 1909.
  • Auga sen gas, auga natural envasada en vidro, PET ou PET-Sport
  • Auga con gas, auga con gas engadido envasada en vidro, PET ou Aluminio
  • Magma de Cabreiroá, auga con gas natural e bicarbonato envasada en botella de Aluminio.
  • Rosalía de Castro, botella homenaxe ao 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
  • Ciclo da Auga, botella homenaxe ao Ciclo da Auga.
  • Faros de Galicia, botella de homenaxe aos Faros de Galicia.

Imaxe de calidade

[editar | editar a fonte]

A empresa mantén unha imaxe moi coidada con deseños orixinais e campañas publicitarias en tódolos medios, incluída a televisión.

Ten certificación de calidade auditada por AENOR, norma ISO 9001 e ISO 14001.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]