Agrupación Deportiva A Pinguela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un partido da AD A Pinguela.

A Agrupación Deportiva A Pinguela foi un equipo de voleibol galego, da vila de Monforte de Lemos. O club foi creado en 1987 e desapareceu en 2013 por falta de recursos económicos e xogadoras locais.[1] Nos últimos anos da historia do club, o seu patrocinador principal foi a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Historia[editar | editar a fonte]

A AD A Pinguela foi creada en 1987 adicándose á promoción e á práctica do voleibol. O seu maior éxito chegou na tempada 1996-97, cando o seu equipo sénior conseguíu o ascenso á Superliga, a máxima categoría do voleibol español e na que permaneceu ata a tempada 2006-07, cando descendeu á segunda categoría, a Superliga 2.

Na tempada 1999-00 conseguíu o campionato de España en categoría cadete no torneo celebrado en Murcia e finaliza no terceiro posto no campionato celebrado en Madrid. Na tempada 2000-2001 conseguiu o campionato de España xuvenil celebrado ante a súa afección en Monforte de Lemos. En febreiro do 2004 organizou a XXIX edición da Copa da Raíña, aínda que finalmente o título foi ás mans do Tenerife Marichal na mesma tempada na que logrou o campionato de Europa.

No 2009 o equipo sénior conseguíu chegar á final da Copa da Princesa desputada no seu pavillón, mais caeu fronte ao PDR Miranda por 3 a 2. Aínda que o gran logro desa tempada foi o retorno á máxima categoría, a Superliga, logo de proclamarse campión da Superliga 2. No 2010 o club monfortino organizou a XXXV edición da Copa da Raíña, na que o título foi para as vitrinas do C.A.V. Murcia 2005.

En 2013 a directiva do club decidiu disolver o primeiro equipo por falta de recursos e xogadoras locais, pasando a adicarse únicamente ao traballo coa canteira.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Adeus a un hisórico do volei", artigo de Luís Conde en La Voz de Galicia, 14 de xullo de 2013.