Club Voleibol Cuesta Piedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Club Voleibol Cuesta Piedra é un equipo de voleibol da cidade de Santa Cruz de Tenerife (España) fundado en 1986. O seu primeiro equipo participa baixo o nome de C.Piedra Santa Cruz na Superliga, a máxima categoría do voleibol feminino español.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu arredor das Escolas Municipais de Santa Cruz de Tenerife. En 1989, o seu primeiro equipo conseguiu por primeira vez o ascenso á División de Honra feminina. En 1995 viuse obrigado a retirarse a categorías inferiores por problemas económicos. En 1998 ascendeu á Liga FEV, e no 2008 á Superliga 2. Os problemas económicos, neste caso doutros equipos, permitíronlle acadar a máxima categoría no 2009 e evitar novamente o descenso para a tempada 2010-11.

No seu primeiro ano na Superliga participou baixo o nome de Trayssesa Santa Cruz, e nesta nova tempada o club participará baixo o patrocinio da cidade de Santa Cruz de Tenerife.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]