Superliga española 2 de voleibol feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Superliga 2 Feminina de Voleibol é a segunda categoría do voleibol español e é organizada pola Real Federación Española de Voleibol (RFEVB). Esta competición naceu na tempada 2007-08 coa presenza de 10 equipos: 3 descendidos da Superliga, o perdedor da Fase de Promoción para o ascenso á Superliga, e o resto dos clasificados nas catro primeiras posicións dos dous grupos da Liga FEV que non conseguiron ascender na tempada 2006-07. As renuncias permitiron o ascenso doutros equipos.

Equipos da tempada 2010-2011[editar | editar a fonte]

Nome Sede País Pavillón
C.V. Sant Cugat Sant Cugat del Vallès Flag of Catalonia.svg Cataluña Pavelló Municipal Valldoreix
CV Vall d'Hebron La Vall d'Hebron Flag of Catalonia.svg Cataluña Olimpics CM d´Esports de la Vall d'Hebron
CV Viladecans Viladecans Flag of Catalonia.svg Cataluña Poliesportiu del Centre
CVB Barça Barcelona Flag of Catalonia.svg Cataluña Instituto Nacional Educ. Física Barcelona
Emevé Laboratorios Nupel Lugo Flag of Galicia.svg Galiza Pabellón Municipal De Deportes
Extremadura Arroyo Arroyo de la Luz Flag of Extremadura (with coat of arms).svg Estremadura Pabellón Municipal
Feel Volley Alcobendas Alcobendas Flag of the Community of Madrid.svg Comunidade de Madrid Pabellón Amaya Valdemoro
Nuchar Eurochamp Murillo Murillo de Río Leza Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa Polideportivo Federico García Lorca
Vóley Ciutat Cide Palma Flag of the Balearic Islands.svg Baleares Polideportivo CIDE
Vóley Murcia Murcia Flag of the Region of Murcia.svg Rexión de Murcia Pabellón Municipal Infante
V.P. Madrid Madrid Flag of the Community of Madrid.svg Comunidade de Madrid CDM Francisco Fernández Ochoa

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada
2010/2011 Nuchar Eurochamp Murillo (Murillo de Río Leza)
2009/2010 Cantabria Infinita (Torrelavega) Promociones Díez Rical Miranda (Miranda de Ebro) Nuchar Tramek Murillo (Murillo de Río Leza)
2008/2009 Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) Playa de Finestrat (Finestrat) Cantabria Infinita] (Torrelavega)
2007/2008 Haro Rioja Vóley (Haro) Cantabria Infinita (Torrelavega) Cajasur Córdoba (Córdoba)

Equipos máis laureados[editar | editar a fonte]

Club Localidade País 20
11
20
10
20
09
20
08
Cantabria Infinita Torrelavega Bandera de Cantabria Cantabria
1
1
1
1
3
2
Nuchar Eurochamp Murillo Murillo de Río Leza Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa
1
0
1
1
3
Ribeira Sacra Monforte de Lemos Flag of Galicia.svg Galiza
1
0
0
1
6
Haro Rioja Vóley Haro Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa
1
0
0
1
Promociones Díez Rical Miranda Miranda de Ebro Flag of Castilla y León.svg Castela e León
0
1
0
2
5
5
Playa de Finestrat Finestrat Flag of the Valencian Community (2x3).svg Comunidade Valenciana
0
1
0
2
Cajasur Córdoba Córdoba Flag of Andalucía.svg Andalucía
0
0
1
3

Normativa[editar | editar a fonte]

Inscrición de equipos[editar | editar a fonte]

  • Admítese ata un máximo de 12 equipos.
  • A cota de inscrición é de 6378 (tempada 2010/2011).
  • Deben presentar un aval bancario de 10400 € (tempada 2010/2011).

Requerimentos e obrigas que deben cumprir os clubs inscritos[editar | editar a fonte]

  • Cada club debe designar, tendo en conta que unha mesma persoa non poderá desempeñar varios cargos á vez durante a celebración dos partidos:
    • Delegados de equipo.
    • Delegados de campo (poderá nomearse ata 3 persoas).
    • Un xefe de prensa.
    • Un médico.
    • Un responsable de estatística.
  • Cada equipo terá durante toda a tempada, como mínimo, dez licencias federativas.
  • Cada equipo só pode contar con tres xogadoras con autorización federativa non seleccionables (que non podan xogar na selección española).

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación é o seguinte:

  • Resultado de 3 - 0 ou 3 – 1: equipo vencedor 3 puntos e perdedor 0 puntos.
  • Resultado de 3 – 2: equipo vencedor 2 puntos e perdedor 1 punto.

Con este sistema de puntuación na clasificación, en caso de empate a puntos valórase como primeira opción o número de vitorias.

Ascensos e Descensos[editar | editar a fonte]

Finalizada a liga regular, os equipos clasificados nos postos 2º e 3º xogan un play-off final para determinar o 2º posto.

Ascenden directamente á Superliga o equipo clasificado en primeiro lugar da Liga Regular e o gañador do play-off.

Os equipos que ocupan as posicións 11 e 12 na Liga regular descenden á Liga FEV. No caso de que haxa 11 ou menos equipos participantes, únicamente descenderá o último clasificado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]