Vingt Cinq
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Mauricio | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Océano Índico | |||
Vingt Cinq (Vintecinco en galego) é a capital das illas Agalega, dúas illas do océano Índico, gobernadas pola República de Mauricio. Está situada na Illa Norte, preto dun pequeno aeródromo. Na cidade, hai unha escola primaria (Jacques Le Chartier Government School) e un hospital.[1] Crese que o nome, Vingt Cinq, fai referencia ao número de lategazos que os escravos da illa recibían como castigo.[2]
Vingt Cinq está situado ao norte de Mauricio, e ten unha poboación de 200 habitantes (2012). A xente da illa é na súa maioría de orixe francesa. Tamén viven na illa os descendentes dos primeiros escravos de África continental desde Madagascar ata Mauricio.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Ministry of Local Government, Disaster and Risk Management - Agalega". localgovernment.govmu.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2020-03-03.
- ↑ Richards, Alexandra (2016). Mauritius: Rodrigues. Reunion (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 201. ISBN 978-1-84162-924-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vingt Cinq |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Government of Mauritius - Agalega Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.