Adak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adak
Adaax
Adak en Alasca
Adak
Adak
Localización da illa
ISS005-E-18347.JPG
Situación
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Estado Alasca Alasca
Arquipélago Illas Aleutianas
Mar Mar de Bering, Océano Pacífico
Coordenadas 51°53′00″N 176°39′00″O / 51.88333, -176.65000Coordenadas: 51°53′00″N 176°39′00″O / 51.88333, -176.65000
Xeografía
Superficie 711´18 km²
Longura máxima 52´58 km.
Largura máxima 34´9 km.
Punto máis alto 1.196 m. Monte Moffett
Demografía
Capital Adak
Poboación 326
Lingua propia Inglés, tagalo e aleutiano

A illa Adak (aleutiano: Adaax[1][2]) é unha illa na parte occidental do grupo Andreanof, nas illas Aleutianas en Alasca. A cidade máis ao sur de Alaska, Adak, atópase na illa. A illa ten unha superficie de 711´18 km², mide 52´5 km de longo e 35 km de largo, polo que é a 25ª illa máis grande dos Estados Unidos.

Debido aos ventos fortes, a nubosidade frecuente, e as temperaturas frías, a vexetación é principalmente tundra (herbas, musgos, bagas, plantas florecientes de baixa altura) nas elevacións máis baixas. O punto máis alto é Moffett, cerca do extremo noroeste da illa, cunha elevación de 1.196 m. Está cuberto de neve a maior parte do ano. Adak, é a súa cidade máis grande e principal.

A palabra Adak vén da palabra aleutiana adaq, que significa "pai".

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes da illa Adak foron os pobos aleutianos ou unangas desde a antigüidade. Exploradores rusos visitaron a illa no século XVIII, pero non estableceron asentamentos permanentes. A comenzo do século XIX quedou deshabitada, aínda que ocasionalmente visitaran a illa para cazar e pescar

Durante a Segunda Guerra Mundial, o exército imperial xaponés tomou o control de dúas das illas Aleutianas máis occidentais, Illa Attu e Kiska. Os xaponeses tamén atacaron a base estadounidense de Dutch Harbor por aire. A campaña xaponesa coincidiu coa máis coñecida Batalla de Midway. En resposta, as forzas armadas dos Estados Unidos comezaron unha campaña para expulsar aos invasores. Dado que a presenza militar estadounidense máis próxima estaba en Cold Bay, Alasca, os Estados Unidos comezaron a construír bases nas illas Aleutianas occidentais para lanzar operacións contra os xaponeses. A illa Adak elixiuse como base dun campo de aviación, e as operacións de voo comezaron en setembro de 1942. O 11 de maio de 1943, catro días logo da data inicial da invasión que foi atrasada polo mal tempo, os soldados americanos desembarcaron na Illa Attu e derrotaron á guarnición xaponesa alí , morreron 2.300 xaponeses e 550 estadounidenses. Esperando unha batalla similar na illa Kiska, os soldados dos EEUU que desembarcaron alí o 15 de agosto de 1943, atoparon que os ocupantes foran evacuados sigilosamente polas forzas navais xaponesas a finais de maio de 1943.[3] Aínda así, máis de 313 soldados estadounidenses morreron por mor do lume amigo, minas e outros dispositivos antipersoas durante as operacións dos Estados Unidos na reconquista de Kiska. En 1953, os restos de 236 mortos xaponeses que enterráranse no cemiterio de Adak enterráronse novamente no cemiterio nacional de Chidorigafuchi en Xapón.

Despois de terminar a guerra, os aproximadamente 6.000 militares americanos que serviron en Adak durante a Segunda Guerra Mundial lambraban o clima frío, brumoso e ventoso de Adak; barro, barracóns prefabricados, poucas mulleres, falta de árbores e un volcán que de cando en vez emitía fumes. A comida fresca era unha rareza.

Illa Adak, Lupinus en Finger Bay Creek. Crédito: US Fish and Wildlife Service

A Estación aérea naval de Adak continuou sendo unha base militar durante a guerra fría pero en 1995 anunciouse o seu peche, que foi realizado en marzo de 1997.[4] Pouco tempo despois, a cidade de Adak incorporou o sitio da base. Logo dunha poboación máxima de 6.000 habitantes, a illa rexistraba en 2010 unha poboación de 326 residentes, todos na cidade de Adak, na parte norte da illa. En 1980, creouse o Refuxio Nacional de Vida Silvestre das Illas Aleutianas e gran parte da illa Adak atópase dentro dos seus límites.

O Alaska Department of Fish and Game introduciu aproximadamente 200 caribús na illa para axudar a previr situación de fame. A gran manda de caribús é agora un destino popular da caza.[5]

En setembro de 1998, 30 familias foron reasentadas na illa.

Orixe da poboación[editar | editar a fonte]

25% nativos aleutianos, 9,8% filipino, 5,4% inglés, 5% hispanos, 3,9% alemán, 3,9% suízo, 3,5% esquimós, 3,5% atabascos.

Lingua[editar | editar a fonte]

88,4% inglés, 4,5% tagalo, 3,7% aleutiano, 3,4% castelán.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Adak crea a tundra

Adak ten un clima oceánico subpolar (Koppen Cfc), caracterizado por ceos persistentemente cubertos, temperaturas moderadas, ventos fortes e frecuentes tormentas ciclónicas.

En Adak, as condicións de nubrado son de case o 75% do tempo durante xuño e xullo, e aproximadamente o 50% do tempo de outubro a febreiro. Adak promedia 173 días ao ano con néboa. Os meses máis nubosos son xullo e agosto, cando unha media de 26 dos 31 días teñen néboa. Este número cae dramaticamente cara á estación do inverno onde os meses de decembro con marzo teñen, de media, menos de dez días con néboa durante calquera mes.

Os vendavais prodúcense todos os meses do ano en Adak con maior frecuencia de decembro a marzo. Unha racha máxima de 109 nós ocorreu en Adak en marzo de 1954.

As temperaturas medias de Adak intervalo de -6´6 a 15´55º C, cun rexistro máximo de 23´89° C (agosto de 1956) e un rexistro mínimo de 16´11° C (xaneiro de 1963 e de febreiro de 1964).

A precipitación media anual é de aproximadamente 1.371 mm. de outubro a xaneiro son os meses máis húmidos debido ás tormentas ciclónicas especialmente frecuentes e intensas de latitudes medias, mentres que maio a xullo representan meses marcadamente máis secos; as tormentas eléctricas, comúns nas áreas continentais de latitudes medias, son virtualmente descoñecidas aquí. Novembro é o mes máis chuvioso, mentres que xullo é o mes máis seco. A nevada media é de 2.540 mm, caendo principalmente na parte superior dos volcáns. Adak ten unha media de 341 días por ano con precipitación mensurable.[6]

Datos climáticos para Illa Adak
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 50
(10)
54
(12)
55
(13)
55
(13)
64
(18)
66
(19)
72
(22)
73
(23)
70
(21)
61
(16)
55
(13)
54
(12)
73
(23)
Media máxima en °F (°C) 37,2
(2,9)
37,9
(3,3)
39,4
(4,1)
42,1
(5,6)
45,9
(7,7)
49,8
(9,9)
54,7
(12,6)
57,2
(14,0)
53,1
(11,7)
48,6
(9,2)
42,8
(6,0)
38,8
(3,8)
45,63
(7,57)
Media diaria en °F (°C) 32,7
(0,4)
33,4
(0,8)
35,1
(1,7)
37,6
(3,1)
41,4
(5,2)
45,5
(7,5)
50
(10,0)
52
(11,1)
48,6
(9,2)
43,7
(6,5)
38,1
(3,4)
34,3
(1,3)
41,03
(5,02)
Media mínima en °F (°C) 28
(−2,2)
28,9
(−1,7)
30,6
(−0,8)
33,1
(0,6)
37
(2,8)
41,2
(5,1)
45,3
(7,4)
46,9
(8,3)
43,9
(6,6)
39
(3,9)
33,4
(0,8)
29,7
(−1,3)
36,42
(2,46)
Temperatura mínima en °F (°C) 3
(−16)
3
(−16)
12
(−11)
21
(−6)
21
(−6)
30
(−1)
32
(0)
32
(0)
28
(−2)
23
(−5)
12
(−11)
9
(−13)
3
(−16)
Precipitación media polgadas (mm) 6 098
(154,9)
4 098
(104,1)
5
(127,0)
3 098
(78,7)
2 902
(73,7)
2 799
(71,1)
2 598
(66,0)
4 201
(106,7)
5,5
(139,7)
6 201
(157,5)
6 299
(160,0)
6
(152,4)
54,794
(1 391,8)
Media de días con precipitacións (≥ 0.2 mm) 25,7 22,3 25,4 21,6 22,3 16,4 15,5 19,4 21,6 24,9 24,4 26,8 266,3
Fonte: Weatherbase[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center. 
  2. UAF: Alaska Native Place Names
  3. Combinedefleet.com
  4. "PUBLIC HEALTH ASSESSMENT NAVAL AIR FACILITY, ADAK (a/k/a ADAK NAVAL AIR STATION) ADAK, ALEUTIAN ISLANDS CENSUS, ALASKA". atsdr.cdc.gov. Consultado o 27 de decembro de 2014. 
  5. Traveler T. Terpening, Alaska, Bradt Travel Guides, 2010, ISBN 1-84162-298-2, page 393.
  6. U.S. Coast Pilot 9, Chapter 7
  7. http://www.weatherbase.com/weather/weatherall.php3?s=345407&units=

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]