Illas Andreanof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Andreanof")
Localización de Adak, Alaska.

As illas Andreanof constitúen un arquipélago no grupo das Illas Aleutianas, ao suroeste de Alasca (EUA).

Localización e características[editar | editar a fonte]

Atópanse localizadas entre o Canle de Amchitka e o grupo das Illas Rat ao oeste, e o Canle de Amukta e o grupo das Islands of Four Mountains ao leste, a aproximadamente 52° N e de 172°57' a 179°09' O. A cadea de illa esténdese uns 440 km, e ocupanuna superficia total de 3.924,737 km². A poboación total era de 412 persoas no censo de 2000, a maioría das cales habitaba na cidade de Adak, en Adak.

As Delarof Islands, un subgrupo das Andreanof Islands, constitúen as illas máis occidentais do arquipélago.

Illas[editar | editar a fonte]

As illas máis grandes do grupo son, de oeste a leste, Gareloi, Tanaga, Kanaga, Adak, Kagalaska, Great Sitkin, Atka, Amlia, e Seguam.

As illas están cubertas usualmente de néboa e carecen de árbores debido ao constante vento. As illas foron bautizadas en honra do navegador ruso Andreian Tolstyk, que foi o primeiro en explorar as illas en 1761.

Arquipélago Andreanof

Bases militares[editar | editar a fonte]

Nas illas establecéronse numerosas bases militares dos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial. As bases en Adak foron ampliadas e feitas permanentes logo da Guerra, pero foron pechadas en 1995.

As illas son especialmente propensas a sufrir terremotos, a miúdo cunha magnitude maior que 5 na escala Richter cada día.