Ad Astra (filme)
| Ad Astra | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Ad Astra é un filme estadounidense de 2019 producido, coescrito e dirixido por James Gray. Está protagonizado por Brad Pitt, Tommy Lee Jones, Ruth Negga, Liv Tyler e Donald Sutherland, e conta a historia dun astronauta que vai a espazo na procura do seu pai perdido, cuxo experimento ameaza o Sistema Solar.
O proxecto foi anunciado a comezos de 2016, con Gray declarando que quería facer "a representación máis realista dunha viaxe espacial que xamais fose feita nun filme". Pitt asinou como protagonista en abril de 2017 e o resto do elenco uniuse a finais dese ano. A rodaxe comezou nos Ánxeles no mes de agosto, durando até outubro.
Ad Astra estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 29 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 20 de setembro de 2019 a través de 20th Century Fox.[1] Recibiu valoracións postivas por parte da crítica, que eloxiou a interpretación de Pitt e os efectos visuais, recadando 133 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de 80–100 millóns de dólares.[2] Na 92ª edición dos Óscar, o filme foi nomeado ó mellor son.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Brad Pitt como Roy McBride
- Tommy Lee Jones como H. Clifford McBride
- Ruth Negga como Helen Lantos
- Liv Tyler como Eve
- Donald Sutherland como Coronel Thomas Pruitt
- John Ortiz como Tenente Xeneral Rivas
- Greg Bryk como Chip Garnes
- Loren Dean como Donald Stanford
- Natasha Lyonne como Tanya Pincus
- John Finn como Brigadier Xeneral Stroud
- Kimberly Elise como Lorraine Deavers
- Sean Blakemore como Willie Levant
- Bobby Nish como Franklin Yoshida
- LisaGay Hamilton como Xeneral adxunto Amelia Vogel
- Donnie Keshawarz como Capitán Lawrence Tanner
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pallotta, Frank (20 de setembro de 2019). "'Ad Astra' could be the hit that 20th Century Fox desperately needs". CNN. Consultado o 21 de outubro de 2019.
- ↑ Zack Sharf (29 de agosto de 2019). IndieWire, ed. "Brad Pitt's Stellar 2019 Continues as Critics Praise 'Ad Astra' Performance in First Reviews". Penske Media Corporation. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ad Astra na IMDb (en inglés).
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2019
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por James Gray
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Plan B Entertainment
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes producidos por Brad Pitt
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX