Schengen, Luxemburgo
Schengen, Luxemburgo | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Luxemburgo | ||
Capital | n/d | ||
• Poboación | n/d | ||
Linguas oficiais | alemán, francés e luxemburgués | ||
• Total | 31 km² | ||
• % auga | n/d | ||
• Total | 4956 hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Schengen (pronunciado [ˈʃeŋən]) é unha pequena localidade produtora de viño e unha comuna situada no sueste de Luxemburgo, na marxe occidental do río Mosela, reto do punto onde se reúnen as fronteiras de Alemaña, Francia e Luxemburgo. Dentro do mesmo municipio atópanse as cidades de Remerschen e Wintrange. Segundo datos de 2005, na cidade vivían 1.527 veciños nunha superficie de 10,63 km². Despois das fusións con Burmerange e Wellenstein en 2011,[1] a comuna pasou a ter unha poboación de 4.223 habitantes e unha superficie no seu conxunto que abrangue 31,42 km².
A cidade fíxose famosa porque foi alí onde se asinou o Acordo de Schengen o 14 de xuño de 1985. O concello, situado na localidade de Remerschen, decidiu o 18 de xaneiro de 2006 cambiar o nome do municipio ao de Schengen, entrando en vigor o cambio de nome o 3 de setembro de 2006.
Historia[editar | editar a fonte]
O castelo de Schengen data de 1390, na Baixa Idade Media, pero foi case completamente reconstruído no século XIX.[2]
Lugares poboados[editar | editar a fonte]
A comuna componse das seguintes aldeas:
|
|
|
Museo Europeo[editar | editar a fonte]
O Museo Europeo abriuse o 13 de xuño de 2010, 25 anos despois da sinatura do Tratado de Schengen, no edificio 'Centre européen'.
A exposición permanente e trilingüe sobre a historia e a importancia dos Acordos de Schengen, nos 200 m2 de espazo expositivo, mostra aos visitantes a eliminación do control das persoas nas fronteiras interiores, posta en práctica como unha das catro liberdades europeas fundamentais no Tratado de Roma de 1957. A sinatura do Acordo está documentada con fotos históricas e imaxes de vídeo e son, así como as declaracións dos implicados nese momento.
Irmandamento[editar | editar a fonte]
Schengen está irmandado con:[3]
Ischgl, Austria
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Archives". legilux.public.lu. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Das Schloss von Schengen" Arquivado 19 de abril de 2014 en Wayback Machine., Schengen a.s.b.l. (en alemán). Consultado o 27 de marzo de 2011.
- ↑ "Jumelage". Commune de Schengen (en francés). Consultado o 2023-01-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Schengen, Luxemburgo ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Schengen-Tourist Sitio web oficial de Turismo.