Acipenserinos
Acipenserinos Acipenserinae Rango fósil: triásico - actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acipenser naccarii nun acuario | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
A dos acipenserinos (Acipenserinae) é unha das dúas subfamilias en que se divide a familia dos acipenséridos, a que comprende máis especies da orde dos acipenseriformes.
Inclúe 19 especies recoñecidas repartidas en dous xéneros, Acipenser e Huso, que son os máis grandes peixes de auga doce: o exemplar máis grande coñecido até hoxe, foi un esturión beluga (Huso huso), que medía 8,5 m de longo, pesaba 13 kg e, con toda probabilidade, xa pasara o século de vida.
Esta subfamilia, cuxos representantes apareceron na Terra hai uns 200 millóns de anos, comprende formas migratorias do hemisferio norte, con moitas características especiais.
Descrición
[editar | editar a fonte]O tronco, sen escamas, presenta cinco series lonxitudinais de escudos óseos (que nas distintas especies difiren en forma, tamaño e número), incluíndo, nalgunhas formas, pequenos gránulos así mesmo óseos. Nos xuvenís, os escudos están menos desenvolvidos e máis extensamente espazados, cunha forte carena que se prolonga nunha espiña.
A boca, rodeada por grandes labios, é protráctil, formando unha probóscide. Só nos exemplares moi novos das especies do xénero Acipenser cando aínda teñen o saco vitelino, a boca está armada de pequenos e débiles dentes; todos os adultos son desdentados. Na parte inferior do fociño están implantantadas catro barbelas, que difiren de especie a especie en forma e posición.
A aletas dorsal, anal e ventrais están implantadas moi posteriormente no corpo.
Xeralmente, o corpo ten unha coloración verde oliva, gris o apardazada polas partes superiores, e abrancazada ou amarelada na rexión ventral, por debaixo dos escudos dos flancos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS, a subfamilia comprende dous xéneros, cun total de 23 especies:[2]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Acipenser_brevirostrum_%28NY%29.jpg/250px-Acipenser_brevirostrum_%28NY%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Acipenser_fulvescens.jpg/250px-Acipenser_fulvescens.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Sturgeon2.jpg/250px-Sturgeon2.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/CommonStrugeon.png/250px-CommonStrugeon.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Beluga_sturgeon.png/250px-Beluga_sturgeon.png)
- Subfamilia Acipenserinae
- Xénero Acipenser Linnaeus, 1758
- Acipenser albertensis Lambe, 1902
- Acipenser baerii Brandt, 1869
- Acipenser brevirostrum Lesueur, 1818
- Acipenser dabryanus Duméril, 1869
- Acipenser fulvescens Rafinesque, 1817
- Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833
- Acipenser kikuchii Jordan & Snyder, 1901
- Acipenser medirostris Ayres, 1854
- Acipenser multiscutatus Tanaka, 1908
- Acipenser naccarii Bonaparte, 1836
- Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828
- Acipenser ornatus Leidy, 1873
- Acipenser oxyrinchus Mitchill, 1815
- Acipenser persicus Borodin, 1897
- Acipenser ruthenus Linnaeus, 1758
- Acipenser schrenckii Brandt, 1869
- Acipenser sinensis Gray, 1835
- Acipenser stellatus Pallas, 1771
- Acipenser sturio Linnaeus, 1758 – esturión europeo, sollo rei
- Acipenser toliapicus Agassiz, 1844
- Acipenser transmontanus Richardson, 1836
- Xénero Huso Brandt & Ratzeburg, 1833
- Huso dauricus (Georgi, 1775)
- Huso huso (Linnaeus, 1758) – esturión beluga
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften
- ↑ Acipenserinae en ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acipenserinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Birstein, V. J. & DeSalle, R. (1998): "Molecular phylogeny of Acipenserinae". Mol. Phylogenet. Evol. 9 (1):141-55. Resumo.
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Acipenserinae en WoRMS (en inglés)
- Acipenserinae en NCBI (en inglés)