Saltar ao contido

Acipenseriformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acipenseriformes
Acipenseriformes
Lev Semiónovich Berg 1940 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
InfrafiloGnathostomata
SuperclaseOsteichthyes
ClaseActinopterygii
OrdeAcipenseriformes
Identificadores
Freebase/m/01jj0j Editar o valor en Wikidata
ITIS161063 Editar o valor en Wikidata
OTT773489 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A dos acipenseriformes (Acipenseriformes) é unha orde de peixes óseos, os máis primitivos da clase dos actinopterixios, que inclúe os esturións, os peixes espátula e outras especies extintas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan un esqueleto en gran parte cartilaxinoso. O corpo, de sección pentagonal, é espido (sen escamas), pero presenta cinco series de placas óseas ou escudos dispostos lonxitudinalmente.[2]

O fociño é alongado (rostrum) e a boca, situada en posición ventral, é pequena e protráctil (pode proxectarse cara ao exterior como unha trompa), e ten poucos dentes ou é desdentada, e fronte a ela hai 4 barbelas dispostas nunha fila horizontal.[2]

As aletas están sustentadas por raios cartilaxinosos; a dorsal e a anal están moi atrasadas, e os primeiros raios das pectorais están fusionados para formaren unha forte espiña; a aleta caudal é heterocerca.[2]

Posúen unha vexiga natatoria gasosa comunicada co intestino, e este posúe válvula espiral.[2][3]

Adoitan ter gran tamaño (até 6 m e 1 000 kg de peso, aínda que hoxe en día raramente pasan dos 2 ou 3 m) e alcanzar gran lonxevidade (até os 100 anos), no caso do esturión.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Peixe espátula norteamericano
(Polyodon spathula).
Yanosteus longidorsalis,
un acipenseriforme fósil.
Chondrosteus acipenseroides,
un acipenseriforme fósil.

A clasificación máis recentemente aceptada agrupa aos acipenseriformes en dúas subordes e catro familias, dúas delas con especies viventes e as outras dúas xa extinguidas:[3][4]

  • Suborde Acipenseristomi (Grande e Bemis, 1996): Sen opérculo, coas branquias tapadas polo subopérculo.
  • Suborde Chondrosteoidei (Grande e Bemis, 1991): Coa boca subterminal; cuns pocos xéneros extinguidos que parecen ser antepasados primitivos dos memembros da outra suborde:

As especies actuais son unhas 26, a maioría propias de ríos de Rusia, Norteamérica e Asia, aínda que fóra da época da reprodución poden acharse tamén nos océanos cecanos. Algunhas delas son de grande inmportancia económica, mentres que outras foron levadas case até a extinción pola sobrepesca e a contaminación.[2]

  1. Bauchot e Pras (1982), p. 92.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Muus, Bent. J. (1998), p. 78.
  3. 3,0 3,1 Nelson, Joseph S. (2006)
  4. Grande, L. e Bemis, W. E. (1996): "Interrelationships of Acipenseriformes, with comments on "Chondrostei" en M. L. J. Stiassny, L. R. Parenti & G. D. Johnson (eds.), Interrelationships of Fishes. San Diego: Academic Press, pp. 85-115

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]