Saltar ao contido

Acipenséridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acipenséridos
 Nome taxon
    Acipenseridae
Charles Lucien Bonaparte 1831 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Aquaponia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeAcipenseriformes
FamiliaAcipenseridae Editar o valor en Wikidata
Bonaparte, 1831 Acipenseridae Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 70.600.000 anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01g7qz Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777784394 Editar o valor en Wikidata
ITIS161064 Editar o valor en Wikidata
OTT378907 Editar o valor en Wikidata
CoL5XM Editar o valor en Wikidata
EOL8302 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A dos acipenséridos (Acipenseridae) é unha familia de peixes óseos da clase dos actinopterixios e orde dos acipenseriformes, que está formada por todos os esturións e os seus parentes próximos.[1]

Desde a máis remota antigüidade estes peixes foron obxecto de activa pesca e dunha verdadeira industria de salgadura, ademais de subministrar unha excelente cola a partir da súa vexiga natatoria.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra esturión é un préstamo do antigo baixo fráncico sturio, do neerlandés steur, comparábel ao alemán Stör, inglés antigo styria e o nórdico antigo styrja.

O nome da familia, Acipenseridae, formouse, como os das outras familias biolóxicas, sobre o nome dun dos seus xéneros, o denominado xénero tipo, coa desinencia do latín científico -idae, propio das familias de animais.

A etimoloxía de Acipenser é incerta; unha simple etimoloxía latina é improbábel debido ao feito da súa terminación en -er.

Porén, o termo podería derivar de acupensum vía acipensis seguida dalgúns reaxustes morfolóxicos, derivado de acus, que significa "agulla", e pensum termo que representaba a cantidade de la que debía tecerse nun día. Acipenser designaría, daquela, o peixe coas barbelas en forma de agulla de calcetar, o que caracteriza ben o rostrum do animal.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Os acipenséridos teñen as características da súa orde: esqueleto cartilaxinoso, cabeza provista de ósos dérmicos, corpo espido (sen escamas), pero con 5 fileiras lonxitudinais de placas óseas, raios cartilaxinosos nas aletas de cola heterocerca.[4]

Ademais, as especies da familia caracterízanse por teren catro longas barbelas por diante da boca, a cal non ten dentes nos adultos, é protráctil e está situada en posición ventral.[4][5]

Teñen unha vexiga natatoria moi grande, para manter a flote en auga doce o seu enorme e pesado corpo, con tamaños que poden alcanzar máis de catro metros de longo e case mil quilos de peso.[4]

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

Os acipenséridos viven en augas frías ou temperadas, unicamente no hemisferio norte, estando case todas as especies de esturión ameazadas ou en perigo crítico de extinción.[6] Algunhas especies son anádromas, vivindo no mar onde crecen e remontando os ríos para desovar na época da reprodución, mentres que outras pasan toda a súa vida en augas doces.[5]

Importancia para ser humano

[editar | editar a fonte]

Os esturións péscanse desde a máis remota antigüidade. Eran moi apreciados polos romanos, e considerados en Francia, durante a Idade Media, como peixes do Rei. A súa carne, sen espiñas, apreciouse desde sempre, pero nos últimos tempos os esturións son capturados (e criados en acuicultura) sobre todo polas súas ovas ou míllaras, coas que se fabrica o auténtico caviar.[2]

Péscanse con redes, xa que non morden os anzois.[2] Algunhas especies son de grande importancia económica, mentres que outras están case extinguidas debido á sobrepesca e á contaminación dos ríos onde desovan, polo que algúns encóntranse hoxe protexidos.[4][6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia dos acipenséridos inclúe os xéneros seguintes:[5]

  1. Acipenseridae en SIIT (en inglés)
  2. 1 2 3 Bauchot e Pras (1982), p. 92.
  3. Oniga, Renato (2001): "Etimologia e struttura morfologica di Acipenser", en De lingua Latina novae quaestiones. Actas do X Coloquio Internacional de Lingüística Latina. Paris-Sèvres, 19-23 de abril de 1999. Ed. Claude Moussy. Louvain: Peeters. ISBN 2-87723-514-9. Ver en liña
  4. 1 2 3 4 Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 78-79.
  5. 1 2 3 FishBase Acipenseridae.
  6. 1 2 Acipenseridae na Lista Vermella da IUCN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • "Acipenseridae". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2013.  (en inglés) Contén informacións de especies, numerosas fotografías e varios vídeos.