Saltar ao contido

Condrósteos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condrósteos
Chondrostei
Johannes Peter Müller 1844 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloChordata
SubfiloVertebrata
SuperclaseActinopterygii
SubclaseChondrostei Editar o valor en Wikidata
Müller, 1844 Chondrostei Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/01w7hg Editar o valor en Wikidata
ITIS161062 Editar o valor en Wikidata
OTT279011 Editar o valor en Wikidata
EOL2775729 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os condrósteos (Chondrostei) constitúen unha subclase da clase dos actinopterixios (Actinopterygii) ou "peixes con aletas radiadas". Proceden de primitivos peces cartilaxinosos que mostran osificación, de onde reciben o nome, formado polos termos gregos χόνδρος chóndros, 'cartilaxe', e οστέον, ostéon, 'óso', é dicir: "de cartilaxes e ósos" (referido ao seu esquleto). Desígnanse tamén ganoides pola estrutura das súas escamas.

Porén, hoxe pénsase que os antecesores dos condrósteos eran peixes óseos (Osteichthyes), pero nos que a característica da osificación no seu desenvolvemento se perdeu ao longo da evolución, dando como resultado un alixeiramento do esqueleto. As especies de condrósteos máis primitivas mostran inicios de osificación do seu esqueleto, o que suxire que este proceso foi desaparecendo nestes peixes.

Antigamente este grupo estaba clasificado dentro dos elasmobranquios, polas similitudes obvias cos tiburóns. Estas similitudes non se reducen só á perda do tecido óseo na maioría dos condrósteos, senón que tamén a estrutura da mandíbula semella máis a dos tiburóns que á doutros peixes óseos, e tamén, coma aqueles, carecen de escamas (excluíndo os esturións). Outras características comúns dos condrósteos e máis os tiburóns son os espiráculos (presentes no esturión) e a cola heterocerca (por extensión das vértebras polo interior do lóbo maior da aleta caudal).

Pero, en calquera caso, o rexistro fósil suxire que estes peixes están máis emparentados cos teleósteos do que se pode interpretar pola aparencia.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Esturión común (Acipenser sturio).
Beluga (Huso huso).
Bichir pinto Polypterus weeksii.

A dos condrósteos é unha subclase parafilética, polo que hoxe en día este grupo é cuestionábel, estando pendente de reclasificación.

Existen 52 especies divididas en dúas ordes con tres familias:[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]