Acetobacterium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acetobacterium
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Clostridia
Orde: Clostridiales
Familia: Eubacteriaceae
Xénero: Acetobacterium
Balch et al.[1]
Especies

Acetobacterium bakii
Acetobacterium carbinolicum
Acetobacterium fimetarium
Acetobacterium malicum
Acetobacterium paludpsum
Acetobacterium tundrae
Acetobacterium wieringae
Acetobacterium woodii

Acetobacterium é un xénero de bacterias anaerobias grampositivas que pertencen á familia Eubacteriaceae. O seu nome débese a que son bacterias acetóxenas, que producen predominantemente ácido acético como subproduto do seu metabolismo anaerobio. A maioría das especies coñecidas deste xénero son homoacetóxenas, é dicir, producen como produto final só ácido acético. Este xénero non debe confundirse co xénero Acetobacter pertencente ás bacterias do ácido acético (alfaproteobacterias gramnegativas da familia Acetobacteraceae), que son aerobias e utilízanse para fabricar vinagre.

A especie tipo do xénero é Acetobacterium woodii.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Balch, W. E.; Schoberth, S.; Tanner, R. S.; Wolfe, R. S. (1977). "Acetobacterium, a New Genus of Hydrogen-Oxidizing, Carbon Dioxide-Reducing, Anaerobic Bacteria". International Journal of Systematic Bacteriology 27 (4): 355. doi:10.1099/00207713-27-4-355.