Aceite de fígado de bacallau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cápsulas de aceite de hígado de bacalao.

O aceite de fígado de bacallau, tamén chamado oleum morrhuae, é un aceite extraído do fígado do bacallau do Atlántico (Gadus morhua).

É un suplemento dietético, administrado comunmente no pasado aos nenos.

O aceite de fígado de bacallau é un dos provedores máis eficaces de ácidos graxos omega 3 (EPA e DHA) e tómase con frecuencia para aliviar a dor e a rixidez articular relacionada coa artrite, e tamén se demostrou clinicamente que ten un efecto positivo sobre a saúde do corazón, os ósos e o cerebro, así como para mellorar o estado da pel, o pelo e as uñas.[1]

Características[editar | editar a fonte]

É unha fonte de vitaminas A e D. Dependendo da súa calidade, o sabor e o olor varía desde un suave sabor similar ao das sardiñas até un intenso e molesto cheiro a peixe podre e aceite rancio. O aceite de fígado de bacallau de alta calidade é un líquido oleoso de cor amarela pálida pouco espeso.

Fíxose popular comercializar aceite de fígado de bacallau con esencia cítrica ou de menta para facelo máis apetecíbel. As persoas de idade que creceron en Asia, Europa e noutros lugares do mundo teñen a miúdo malos recordos da súa infancia relativos a tomar pola forza a emulsión Scott, unha popular marca rexistrada de aceite de fígado de bacallau en emulsión, até que se lanzou ao mercado a versión con sabor a laranxa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]