Abra segmentum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abra segmentum [1] é unha especie de bivalvo descrita por Récluz en 1843. Abra segmentum forma parte do xénero Abra e da familia Semelidae.[2]

A súa forma é triangular lixeiramente angulada, a superficie da concha é opaca con liñas concéntricas. O seu tamaño vai de entre 13 a 16 mm.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Abra segmentum distribúese pola costa do Atlántico dende Francia ata Marrocos e o mar Mediterráneo, atopándose tamén no mar Negro, o mar Caspio e o mar de Aral, sendo unha importante fonte de alimento para moitos peixes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]