Aarón Ñíguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aarón Ñíguez
Información persoal
Nome Aarón Ñíguez Esclápez
Nacemento 26 de abril de 1989 (35 anos)
Lugar de nacemento Elx
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Oviedo
Carreira xuvenil
Caja Elche
2000–2006 Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Valencia B 29 (4)
2007–2011 Valencia 0 (0)
2007Xerez (cedido) 8 (0)
2008Iraklis (cedido) 12 (3)
2008–2009Rangers (cedido) 3 (3)
2009–2010Celta (cedido) 11 (0)
2010–2011Recreativo (cedido) 28 (5)
2011–2013 Almería 47 (4)
2013–2015 Elche 59 (1)
2015–2016 Braga 12 (0)
2016–2017 Tenerife 36 (4)
2017– Oviedo 0 (0)
Selección nacional
2004–2005 España sub-16 4 (3)
2005–2006 España sub-17 10 (6)
2006–2008 España sub-19 23 (8)
2009 España sub-20 11 (7)
2008–2009 España sub-21 4 (1)
Na rede
Twitter: aaronboria7 FIFA: 306968 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de xuño de 2017.
editar datos en Wikidata ]

Aarón Ñíguez Esclápez, nado en Elx (Alacant) o 26 de abril de 1989, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Real Oviedo da Liga 1|2|3.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aarón, que é fillo do ex xogador do Elche CF Boria, comezou xogando no Caixa de Elx, un club local da cidade de Elx do que pasou ao Valencia CF cando tiña tan só 11 anos.[1]

Tras o paso polas categorías inferiores do Valencia, Aarón debutou co primeiro equipo, o 5 de decembro de 2006, na Liga de Campións da UEFA ante a AS Roma no Estadio Olímpico de Roma. Con todo, e para a súa desgraza, sufriu nese encontro unha rotura fibiliar que o obrigou a abandonar o campo e a permanecer un mes inactivo.[2] A pesar do seu debut na Liga de Campións Aarón non xogou ningún partido na Primeira División española.

A tempada 2007/08 comezouna xogando cedido no Xerez CD pero no mercado de inverno cambiou o Xerez polo Iraklis FC de Grecia, tamén como cedido. Marcou o seu primeiro gol co Iraklis o 16 de marzo de 2008, de penalti, na vitoria por 1-0 contra o Panionios NFC. O penalti foi provocado por unha chilena acrobática, realizada polo propio Aarón, que foi detida pola man dun xogador do Panionios.

O 13 de agosto de 2008, Aarón foi cedido polo Valencia CF ao Glasgow Rangers[3] durante dous anos, reservándose este último unha opción de compra. Ao final do primeiro do ano, tras non contar moito no club escocés, para a tempada 2009/2010 chega cedido ao Celta de Vigo.

O 10 de novembro de 2009, nun partido de Copa do Rei no que se enfrontaban o Tenerife e o Celta de Vigo sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo que lle mantén apartado dos terreos de xogo durante uns 6 meses.[4]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Aarón participou no Campionato Europeo Sub-17 da UEFA de 2006 coa selección española sub-17 anotando dous goles. Tamén foi un membro clave do equipo que se proclamou campión do Campionato Europeo da UEFA Sub-19 de 2007 coa selección sub-19 española.

En febreiro de 2007 disputou a Meridian Cup coa Selección Europea, que se impuxo á Selección Africana. No partido de ida marcou dous goles.

O 18 de novembro de 2008 fixo o seu debut coa selección española sub-21 contra a selección portuguesa sub-21.

Por outra banda, o 10 de setembro de 2009 foi convocado coa Selección Española sub 20 para participar na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2009 disputada en Exipto, torneo no que logrou alcanzar os oitavos de final anotando 4 goles durante a súa participación converténdose dese xeito no máximo goleador da Selección española sub 20.

Foi internacional sub-21 en 3 ocasións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Premier League de Escocia Glasgow Rangers Escocia 2009
Copa de Escocia Glasgow Rangers Escocia 2009

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Sede Ano
Campionato Europeo da UEFA Sub-19 Selección de fútbol de España Sub-19 Austria 2007
Xogos Mediterráneos de 2009 Selección de fútbol de España Sub-20 Pescara (Italia) 2009

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yahoo - Aarón Ñiguez, a perla da canteira do Valencia". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2007. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  2. "Goal.com - Valencia: Aarón Ñíguez, un mes de baixa por rotura fibrilar"". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  3. Goal.com - O Valencia cede a Aarón ó Glasgow Rangers
  4. "Atlantico Diario - 6 meses sen Aarón". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]