Saltar ao contido

A túa ausencia neste ar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A túa ausencia neste ar
Álbum de Fanny & Alexander
Publicado2022
Xénero(s)Pop
Selo(s)A Regueifa Plataforma

A túa ausencia neste ar é o cuarto de Fanny & Alexander. Un novo álbum de disco de querenza conceptual no que todas as cancións xiran arredor da perda, da ausencia, do que se pode perder nun simple xiro argumental da vida: os pais, os avós, un fillo, o amor, a consciencia dun mesmo, a individualidade coma persoa.

O dúo compostelán continuou coa tradición dos seus anteriores traballos adubando versos emprestados de poetas galegas co seu pop saudoso carregado de experimentacións bastardas co folk, o shoegaze, a electrónica e mesmo a música de cámara. Nesta nova entrega a lista de autoras que emprestan as súas verbas é 100% feminina e máis longa ca nunca, tanto nas letras das cancións (Lorena Souto, Antía Otero, Arancha Nogueira, Marga Tojo, Ledicia Costas, Xess Mondelo e Charo Lopes) coma nos miúdos spoken words que arrolan por todo o disco (Lara Dopazo, Lucía Aldao, Alba Cid, Luz Fandiño, Theresa P. Lousame, Xela Arias e Nuria Vil).

Cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
  1. "O tempo cura mais arrasa" (Versos de Marga Tojo)
  2. "A tua ausencia neste ar" (Versos de Fanny & Alexander e spoken word de Lucía Aldao)
  3. "A morte é mentira" (Versos de Xess Mondelo e spoken word de Luz Fandiño)
  4. "O ruxir da tua ausencia" (Versos de Arancha Nogueira e spoken word de Xela Arias)
  5. "Xardín de inverno" (Versos de Ledicia Costas e spoken word de Nuria Vil)
  6. "A pantasma do espello" (Versos de Lorena Souto e spoken word de Theresa P. Lousame)
  7. "En cada ferida" (Versos de Fanny & Alexander e spoken word de Alba Cid)
  8. "Carregar o vacío" (Versos de Antía Otero e Charo Lopes)
  9. "Mentres todos os meus libros arden" (Versos e spoken word de Lara Dopazo)